Para que non teñas que facer a merenda para o recreo cada día, podes reservar o servizo de merenda saúdable. Consta de froita e un pequeno bocadillo (queixo, chourizo, crema de chocolate con froitos secos) e queixiños acompañados de galletas ou anacos de pan.
Se a crianza vai ao servizo de madrugadores méteselle a merenda na mochila. Se non vai a Madrugadores o persoal do comedor achegaralle a merenda ao rapaz ou á rapaza na fila.
Os pais e as nais que necesiten de forma esporádica o servizo de madrugadores, avisarán o día anterior como mínimo. Só en caso de urxencia non é necesario avisar o día anterior.
Semana completa: 16,50€ por crianza.
Día solto: 1,50€ por crianza.
Calquera alerxia ou intolerancia alimentaria debe ser anotada na folla de inscrición, achegando unha copia do informe médico. Adaptarase o menú a cada caso particular.