Para axudarte a conciliar, a ANPA desenvolve diferentes servizos:
Madrugadores desde as 7:30 horas.
Muda para os nenos e nenas máis pequenos/as, por se se manchan.
Merenda saudable para que non teñas que preparala ti.
Comedor ata as 17:00 horas.
Ludoteca ata as 18:30 horas.
Actividades extraescolares para potenciar as capacidades das crianzas, ó tempo que se divirten.
Estes servizos ofrécense ó alumnado a partir de 3 anos (para os máis cativos, deberon rematar xa o periodo de adaptación e pasan a asistir á xornada completa de mañá).
Todo o alumnado de infantil que utilice os servizos de madrugadores e comedor debe traer un mandilón e un cepillo de dentes.
No servizo de madrugadores, as bolsas co material de actividades extraescolares ou artigos de aniversarios deben ir claramente identificadas co nome e apelidos da crianza, o curso e o grupo.
Se hai algún recado para o profesorado, este débese deixar ó persoal coidador, indicando tamén o nome e apelidos da crianza, o curso e o grupo ao que pertence.
Podes descargar os prezos dos servizos da ANPA (excepto as actividades extraescolares) aquí.