A inscrición realizase a través deste formulario online, no que podes inscribir á unidade familiar nos servizos da ANPA (madrugadores, servizo de muda, comedor, ludoteca). A cota é de 20 euros por familia por curso escolar.
Cómpre que sexas o pai, a nai ou o/a tutor/a legal do alumno.
A partir do día 1 de setembro, podes inscribir á túa crianza contactando ó representante de cada actividade (atoparás nome do monitor/a, correo electrónico e/ou teléfono na ficha de cada actividade, aquí).
A maiores da cota da ANPA, a xestión das actividades extraescolares suporá o pagamento de 10€ ao ano por cada actividade extraescolar e neno/a (o cargo aboarase na primeira mensualidade que o neno/a asista ás aulas tras a primeira clase de proba; en caso de baixa da actividade unha vez comezada, non se devolverá o importe).
Para solicitar os servizos de comedor, madrugadores, muda, ludoteca e atividades extraescolares terás que poñerte en contacto directo coas persoas que coordinan cada servizo (ver máis abaixo).
Durante o curso académico 2024-2025, a ANPA tivo contratadas unhas 18 persoas traballadoras (cociñeiras, apoio de limpeza, monitoras e coordinadoras). Este número vaise axustanto segundo as necesidades que require cada curso. Agradecemos a túa consideración e gratitude co seu esforzo e traballo á hora de comunicarse con elas e realizar peticións.
Contacta con Susana se precisas calquera información sobre o comedor ou os seus servizos ou se queres coñecer de primeira man as súas instalacións e forma de funcionamento.
Para solicitar calquera servizo do comedor, cómpre que avises cun día de antelación para favorecer a coordinación do servizo.
Contacta con Andrea ou Laura para cuestións relacionadas coa xestión de incidencias nas actividades extraescolares, propostas de mellora ou servizo de ludoteca.
Para cuestións relacionadas sobre as actividades extraescolares, podes poñerte en contacto directamente co profesorado encargado da actividade.
Contacta coa Xunta Directiva se precisas realizar algunha consulta, saber a quen dirixirte para resolver unha incidencia ou aportar calquera suxestión.
Lembra que somos unha asociación sen ánimo de lucro, e que a Xunta Directiva está composta por un grupo voluntario de pais, nais e titores/as legais das crianzas do CEIP López Ferreiro. Adicamos o noso tempo de forma voluntaria e altruísta para manter e mellorar os servizos que ofrece a ANPA dentro do colexio. Agradecemos a túa comprensión e que as túas achegas sexan aportacións construtivas para a comunidade escolar.