Nesta páxina terás os resumos dos acordos do Consello escolar.
A persoa que representa á ANPA serve de interlocutora.
A representación legal ordinaria da asociación correspóndelle á persoa que exerza a Presidencia da Xunta Directiva.
Neste momento está pendente de elección da persoa da Xunta Directiva que representará á ANPA no Consello escolar.
Normativa do Consello escolar aquí.
Aprobouse a selección dos libros de texto, presenta pola CCP e aprobada en Claustro, para 5º e 6º de Primaria, tendo en conta o “modelo híbrido” impulsado pola Consellería. Serán un manual de Lengua e outro de Lingua para os dous cursos, da Editorial Santillana. Para matemáticas solicitarase un caderno para 5º e outro para 6º, pero non entran na axuda de libros, xa que é unha ferramenta de uso persoal e entra na axuda de material escolar.
A finalidade foi informar sobre a solicitude á Dirección Territorial ao respecto das obras. Redactouse un documento que remitirase á inspectora, para que todas as persoas poidan, se o consideran, facer as súas achegas. Se finalmente este órgano o ten a ben, será remitido, á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O consello aproba o protocolo e-dixgal despois das modificación acordadas no anterior consello. A directora comenta que será remitido á Inspección.