O proxecto "Colecamiños" é unha experiencia pioneira en Compostela, implantada no noso colexio desde o curso 2023-2024. Trátase dunha iniciativa innovadora que busca mellorar a mobilidade infantil e promover hábitos saudables e sostibles no desprazamento diario ao centro escolar.
A posta en marcha deste proxecto foi posible grazas á colaboración entre a ANPA, o centro escolar e o Concello de Santiago, que sumaron esforzos e compromisos para facer realidade esta proposta.
Os camiños escolares non son só proxectos educativos; van máis alá: son iniciativas que pretenden que as nenas e os nenos poidan desprazarse con confianza, seguridade e autonomía polas rúas da súa contorna, recuperando así o uso e o disfrute do espazo público como lugar de encontro, de xogo e de convivencia cidadá.
Teñen, polo tanto, un impacto directo no conxunto da cidade. A través deles, constrúese unha Compostela máis amable, accesible e pensada tamén a escala da infancia, favorecendo un modelo urbano máis humán e sostible.
No interior do centro instalarase un lector no que deberemos pasar diariamente a nosa pulseira ao chegar.
Esta pulseira, ademais de acumular puntos que permitirán obter agasallos nos distintos establecementos do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias para confirmar que o alumno ou alumna accedeu ao centro.
A obtención da pulseira realizarase do seguinte xeito:
Contactando coa Policía Local a través do correo electrónico educacionvial@santiagodecompostela.gal ou chamando ao teléfono 698 149 867.
Unha vez verificados os datos, as pulseiras serán validadas e entregadas no propio centro, podendo comezar a empregarse de inmediato.
En caso de incidencia coa pulseira, deberase contactar coa Policía Local polos mesmos medios.
Ligazón ao programa, aquí.
Requírese un mínimo de oito crianzas para facelo viable, polo que se indicará ao comezo do curso se se pode desenvolver.