O CEIP López Ferreiro ten cociña propia e posúe o distintivo Slow Food Compostela.
Fíxose unha aposta polo consumo ecolóxico, por produtos con indicativos de calidade e por menús cunha elevada calidade gastronómica, establecendo un contacto directo con fornecedores locais sen intermediarios.
O peixe fresco habitualmente é lombo de xarda, xurelo, lirio ou sardiña, en función da lonxa do día.
A ensalada variada é un dos acompañamentos dos pratos principais e variará a súa composición segundo a tempada. Soe levar leituga, tomate, olivas, queixo, millo, remolacha, lombarda, ovo, atún e cebola.
A base das cremas de verduras é a cenoria, a pataca, a cebola e o allo porro.
A sobremesa consiste en froita da tempada, iogur ou xeado.
O selo Slow Food Compostela asegura un compromiso social na adquisición das materias primas, garantindo que os produtos sexan de proximidade, con certificacións de calidade e de orixe ecolóxica. Esta iniciativa respecta o ecosistema, defende a biodiversidade e reflicte o compromiso ético dos produtores, reducindo a pegada ambiental e social.
Ademais, Slow Food Compostela promove a valorización dos produtos tradicionais e das variedades autóctonas, fomentando unha economía local sostible que apoia aos pequenos produtores e preserva o patrimonio agroalimentario da nosa terra.
O colexio conserva a cociña desde a época en que funcionaba como centro de prácticas da Universidade de Santiago (USC) para a formación de docentes, dende 1984. Considerouse suprimila, pero a asociación decidiu asumir por completo a súa xestión, converténdoa ata hoxe nun referente de xestión en Santiago de Compostela. Cada nova directiva da ANPA procura mellorar o legado, deixando a súa pegada para asegurar a continuidade e a calidade do servizo.
Contamos cun excelente equipo de traballo composto por aproximadamente 15 persoas. A cociña está coordinada por Susana Fondo e Pepe Castro, mentres que a xestión das actividades extraescolares e a ludoteca están a cargo de Laura Iglesias e Andrea Abad.
Todos os menús son revisados por Emma Enríquez Merayo (Dietista-Nutricionista colexiada n.º GA00039, Farmacéutica Directora de Nutriciona.
Nos menús aparecen sombreados en cor amarela os alérxenos presentes segundo as obrigas de información establecidas no Real decreto 126/2015, de 27 de febreiro e o R(UE) 1169/2011. Ante alerxias ou intolerancias severas cómpre sempre consultar á responsable de cociña. Poderase elaborar un menú adaptado as intolerancias ou alerxias. Pode haber trazas de sulfito debido ao aderezo con vinagre dalgúns pratos ou outros ingredientes.
De 14:30 a 17:00 horas. Os nenos e as nenas poden ser recollidos a partir das 15:30 da tarde.
Lembra que os días que os teus fillos e fillas non queden a comer de xeito puntual, podes solicitar a entrega da comida desa xornada. As condicións deste servizo serán que acheguedes ao centro dous tapers nunha bolsa co nome ben esa mesma mañá ou ben o día anterior. O horario de recollida da comida será entre 13:30 e 14:00 horas para non entorpecer o servizo de atención ás crianzas.
Contamos cun excelente equipo de traballo composto por aproximadamente 15 persoas. A cociña está coordinada por Susana Fondo e Pepe Castro, mentres que a xestión das actividades extraescolares e a ludoteca están a cargo de Laura Iglesias e Andrea Abad.
Podes atopalo aquí.
Se precisas de forma esporádica o servizo de comedor cómpre que avises cun día de antelación. Só en caso de urxencia podes avisar no día.
Podes inscribirte a través do formulario ou chamar por teléfono a Susana Fondo (691 899 742), que é a encargada do comedor, ou ao persoal coidador de infantil e primaria (649 294 475).
Os fornecedores selecciónanse rigorosamente seguindo criterios de calidade, proximidade e custos.
As crianzas de infantil deben traer un mandilón e un cepillo de dentes.
Calquera alerxia ou intolerancia alimentaria debe ser anotada na folla de inscrición, achegando unha copia do informe médico. Xerarase un menú adaptado a cada caso.
Para o alumnado con patoloxía crónica contamos en coordinación con centro co programa Alerta Escolar, para suministración puntual de medicación indicar que as traballadoras non teñen a obriga legal de facelo e de acordar con elas a suministración (sempre entendendo que se fai de forma voluntraria por parte delas) entregarase informe médico coa dose especifica e datos do menor.