[13/10/2025] Comunicado do departamento de Educación do concello de Santiago sobre o programa "Compostela Concilia 2025-2026":
O Concello de Santiago ofrece o programa Compostela Concilia para facilitar a conciliación familiar durante os períodos non lectivos (Nadal, Entroido, Semana Santa e verán). O programa está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, empadroados ou que estuden en colexios de Santiago.
Consulta toda a información no comunicado do concello, ou solicita máis información no correo electrónico do departamento de Educación ou no teléfono 981 554 400.
[13/10/2025] Comunicado do colexio:
Este curso celébrase o 50 aniversario do edificio no que nos atopamos. Por ese motivo queremos desenvolver unha serie de celebracións: charlas, concertos, exposicións... Para esta última iniciativa, precisabamos que quen estudara nesta escola entre o ano 1975 e 2000, e teña na casa fotografías ou material escolar dese tempo (libretas, libros de texto, atlas, dicionarios, estoxos, carteiras, mochilas, etc.) nolas ceda para a primeira exposición que levaremos a cabo (a segunda, do ano 2000 ao 2025, realizarase no 2º e 3º trimestre).
O lema da celebración deste 50 aniversario é "Eu medrei no López Ferreiro". Queremos que alumnado e docentes destes 50 anos do edificio pasen polo centro a contarnos a súa experiencia.
Polo tanto, contactade con nós tanto para ceder temporalmente ese material que sinalamos, como para participar no ciclo de charlas/coloquios, para alumnado e familias.
Anteriores
Apoio da ANPA á concentración para reclamar a dotación dun especialista en Audición e Linguaxe
[11/09/2025] Apoio da ANPA á concentración convocada polo colexio para o venres 12 de setembro, de 9:10 a 9:25, diante da entrada de Xoán XXIII (ao lado do acceso ao aparcamento), para reclamar a dotación dunha persoa especialista en Audición e Linguaxe.
Convocatoria de bolsas comedor, material e actividades para o vindeiro curso
[11/06/2025] O 11 de xuño do 2025 saiu publicada no BOP a Convocatoria de bolsas comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares curso 2025-2026.
Enquisa de satisfacción das actividades extraescolares que xestiona a ANPA
[10/06/2025] Co obxectivo de avaliar os servizos ao longo do curso escolar 2024-2025, realizouse unha enquisa de satisfacción que actualmente está rematada.
Xornada sobre dificultades de aprendizaxe, TDAH, dislexia e trastornos de procesamento sensorial
[31/05/2025] Esta xornada organizada pola Federación Provincial de ANPA ofreceu unha visión comprensible e práctica para o día a día; sendo especialmente recomendable para aquelas familias con fillos/as que están a facer a transición de Educación Infantil a Primaria, unha etapa clave onde unha detección e comprensión temperá pode previr dificultades futuras.Foi impartida por Lorena Cotelo , terapeuta ocupacional e Jacobo Mosquera, educador social.
ENAPA: Educación para o uso consciente da tecnoloxía
[07/05/2025] O faladoiro desenvólvese o mércores 7 de maio de 16 a 18 horas na aula Ana María Prieto e é impartido por Mercedes Urbiola.
Día dos legumes
[01/12/2024] O día 10 de febreiro celébrase o día dos legumes en colaboración con destacados locais de restauración. No noso cole lévase a cabo a receita de Brasa de Beche (Abegondo) “Fabas melosas con polbo”. Unha delicia nutritiva que os escolares degustaron no comedor escolar.
Esta iniciativa partiu de Slow Food Compostela, asociación que representa ao movemento slow food en Galicia.
Renovación da certificación "Comedor KM 0"
[15/01/2025] Na actualidade, o comedor do López Ferreiro é unha referencia entre os colexios compostelás e galegos pola calidade dos menús e do servizo, onde moitas veces a comida dista moito de ser o que se espera dun menú escolar con pratos dignos do mellor restaurante. Máis información, aquí.
Concurso "Sobremesas en familia"
[01/12/2024] O martes 17 de decembro ás 17:00 levarase a cabo o concurso "Sobremesas en familia". Haberá tres categorías e tres premios cun vale regalo para libros.
ENAPA: "O conflito na familia: como xestionalo mediante a comunicación asertiva"
[11/11/2024] O faladoiro desenvolverase o 11 de decembro de 16 a 18 horas na Biblioteca escolar e será impartido por Jenniffer Herbón.
Obras ó redor do cole!
[09/09/2024] O alumnado que faga uso do do Camiño escolar seguro (Colecamiños), terá que facelo por Xasmíns (entrada de dirección-conserxería.
As entradas de madrugadores terán que facerse por Xasmíns (entrada de dirección-conserxería).
A recollida dos/as nenos/as de comedor, tanto primaria como infantil, será pola avenida Xoán XXIII.
Fai a túa preinscrición nos servizos da ANPA a partir do 4 de setembro
[03/09/2024] Para cubrir o formulario, preme aquí.
Formación en liña Prevención da violencia cara a infancia (Programa Poñendo os Lentes)
[23/05/2024] O 29 de maio ás 17 horas desenvolverase a formación en liña Prevención da violencia cara a infancia do Programa "Poñendo os Lentes". Máis información do proxecto, aquí.
Axudas para libros de texto e material escolar
[23/05/2024] Do 21 de maio ao 21 de xuño, as familias poderán realizar as peticións para o vindeiro curso das axudas de libros, fondo solidario e bono material.
Acceso á convocatoria: BOP, DOG. Acceso ao formulario, aquí.
Publicación na prensa de noticia sobre as obras do López Ferreiro
[01/04/2024] Publícase na prensa as obras que se van desenvolver no colexio. Máis información, aquí.
Charlas informativas sobre as TIC no ensino
[15/01/2024] Tal e como se acordou na asemblea xeral da Anpa do primeiro trimestre en relación ao debate de Edixgal e as TIC no ensino, ofrecéronse dúas charlas informativas complementarias.
Por unha banda, a Anpa do CEIP Apóstolo organizou, en colaboración coa Plataforma galega "Adolescentes libres de smartphones" e Ecoloxistas en Acción, un faladoiro sobre o uso dos medios dixitais no eido familiar e do ensino. A súa guía "Medrar de forma saudábel nun mundo dixital", para nais, pais e docentes, facilitarase gratuitamente en versión impresa.
Doutra banda, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), no marco de Escola de Familias, envíou á relatora María Lobo para falar do uso das TIC en Educación. Esta charla tivo lugar no noso cole o 23 de xaneiro.
Recordatorio ás familias que teñen bolsa comedor e/ou actividades
[07/02/2024] Lembrámoslle ás familias que teñen bolsa comedor e/ou actividades que teñen que enviar por rexistro ó Concello de Santiago a declaración xurada de non ter débedas, xa que caduca ós seis meses.
Conciliación municipal de Entroido
[15/01/2024] Está aberta a inscrición no programa de conciliación municipal de Entroido que contará con 150 prazas e que terá lugar no CEIP Quiroga Palacios e no CEIP Monte dos Postes. Máis información.
Relanzamos o Nadal circular!
[01/12/2023] Este grupo de Telegram, que está de aniversario, naceu dentro do proxecto López Ferreiro Circular na procura unha vida máis sostible.
Queremos reutilizar moito máis e mercar moito menos.
Coa chegada de decembro, queremos que os agasallos, libros e xoguetes retomen o protagonismo. Aproveitade para circular esas cousas que teñen moita vida pero xa no se usan, ou para aforrar uns cartos e, de paso, non desbaratar recursos innecesarios. Sinxelo, non?
Agardamos que as familias esteades cómodas e que sexades motor para que o grupo funcione.
Comeza o Colecamiños
[30/11/2023] Hoxe comezou por fin este programa que levamos preparando moito tempo con tanta ilusión. Foi un momento moi emocionante para todas! Sobre todo para ó alumnado que puido vir desfrutando do percorrido a pé co seu grupo de iguais.
Ó ser o primeiro día, puidemos contar coa presenza de dous axentes de policía, pero nos vindeiros días recordámosvos que o alumnado máis pequeno debe vir acompañado dun/ha adulto/a. Animámosvos a facer quendas nas que cada familia faga de acompañante os días que teña dispoñibles.
Animádevos a vir xuntas/os e sen coche!
Podes ver a nova do Concello de Santiago aquí.