Se non podes recoller á nena ou neno despois do comedor (17:00), podes apuntalo á Ludoteca. Desenvólvese de 17:00 a 18:30 e comeza despois do comedor.
Desenvolven actividades no comedor e no patio de columnas, dependendo da dispoñibilidade de espazos e da climatoloxía.
A recollida faise antes das 18:30 nos accesos que se indiquen.
De 17:00 a 18:30.
Para períodos longos cómpre cubrir o formulario e avisar ás monitoras vía telefónica.
Para días puntuais solicitarase coa maior antelación posible para dispoñer do persoal necesario de atención ao alumnado.
Monitoras de Educación Infantil e Primaria: Laura Iglesias e Andrea Abad (teléfono, 649 294 475; horario de 14:00 a 18:30). Fóra dese horario devolverase a chamada en canto o persoal teña dispoñibilidade.
Semana completa: 44,00€ por crianza (prezo mensual)
Día solto: 5,00€ por crianza
Requírese un mínimo de oito crianzas para facelo viable, polo que se indicará ao comezo do curso se se pode desenvolver.