As actividades extraescolares do colexio son xestionadas e coordinadas directamente pola ANPA. Seleccionamos a profesionais en diversas áreas específicas para complementar os servizos e requerimentos que queremos para a nosa comunidade educativa.
A maior parte das actividades suceden dentro do recinto escolar, o que nos permite a facilidade no contacto directo coas familias e a súa supervisión.
Do 1 ao 30 de setembro. Para formalizar a inscrición, deberase contactar directamente co/a monitor/a da actividade a través do correo electrónico ou teléfono facilitado (consulta a información específica de cada actividade).
Con carácter xeral, as clases comezarán a comezos de outubro. Recoméndase confirmar directamente co/a monitor/a o día exacto de inicio da actividade.
As inscricións permanecerán abertas ao longo de todo o curso escolar. A partir do 1 de outubro, poderás inscribir á túa crianza en calquera actividade, contactando directamente co/a monitor/a e realizando o pago da matrícula correspondente á ANPA.
A primeira clase será gratuíta, a modo de clase de proba.
O custo da matrícula é de 10€ anuais por cada actividade e por cada neno/a. Este importe aboarase directamente á ANPA, unha vez confirmada a asistencia despois das clases de proba.
Se es socia e temos a túa autorización: transferencia bancaria. Noutros casos: en efectivo ou mandando o xustificante da transferencia a este correo electrónico.
Ponte en contacto connosco neste enderezo de correo electrónico.
Calquera incidencia ou conduta contraria ás normas de convivencia do CEIP López Ferreiro durante as actividades extraescolares será comunicada pola persoa responsable da actividade ás coordinadoras Laura e Andrea, quen a trasladarán á Xunta Directiva da ANPA e, se procede, á Dirección do centro.
De ser preciso, aplicaranse as medidas correctoras previstas no Plan de Convivencia e no NOF (Normas de Organización e Funcionamento) do centro. Ademáis, calquera desperfecto deberá ser restituído pola familia responsable do/da menor que o ocasionase.