O proxecto de camiño escolar Colecamiños é unha experiencia pioneira en Compostela, implantada no noso colexio desde o curso escolar 2023-2024.
Dende a ANPA, en colaboración co centro escolar e o Concello de Santiago, púxose en marcha esta iniciativa.
Os camiños escolares non son proxectos unicamente educativos, senón que constitúen iniciativas orientadas a que as nenas e os nenos poidan desprazarse con seguridade e autonomía polas rúas, recuperando así o uso e aproveitamento do espazo público.
Trátase, por tanto, de proxectos que teñen un impacto directo sobre o conxunto da cidade e que implican a todas as áreas da xestión municipal con competencias no deseño, habitabilidade e seguridade do espazo público.
No interior do centro instalarase un lector no que deberemos pasar diariamente a nosa pulseira ao chegar.
Esta pulseira, ademais de acumular puntos que permitirán obter agasallos nos distintos establecementos do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias para confirmar que o alumno ou alumna accedeu ao centro.
A obtención da pulseira realizarase do seguinte xeito:
Contactando coa Policía Local a través do correo electrónico educacionvial@santiagodecompostela.gal ou chamando ao teléfono 698 149 867.
Unha vez verificados os datos, as pulseiras serán validadas e entregadas no propio centro, podendo comezar a empregarse de inmediato.
En caso de incidencia coa pulseira, deberase contactar coa Policía Local polos mesmos medios.
Ligazón ao programa preme aquí.
Requírese un mínimo de oito crianzas para facelo viable polo que se indicará ao comezo do curso se se pode desenvolver.