A ANPA participa a través dunha persoa representante no consello escolar do centro. A actual persoa elixida da Xunta Directiva é Jacobo García Gradaille.
Nesta páxina terás os resumos dos acordos do consello escolar. E aquí a normativa.
Temas tratados:
Aprobación da PXA e do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables: aprobados por unanimidade, sen observacións nin propostas de modificación.
Demanda de profesorado de Audición e Linguaxe: reiteráronse peticións á Consellería (a última o 16 de setembro). A carencia deste persoal afecta á atención do alumnado. Propónse que a ANPA entregue no rexistro as sinaturas recollidas para reforzar a solicitude.
Infraestruturas e mantemento: está pendente o envío dun escrito á Consellería para reparar fendas e humidades. Todas as aulas funcionan con normalidade, agás as de Prensa e PT. Solicitouse ao concello a limpeza e o pintado da fachada con motivo do 50 aniversario.
50 aniversario do centro: continúan os preparativos dos actos conmemorativos.
Outros asuntos: resoltos os problemas pola presenza de indixentes no patio.
Acordouse a reorganización e distribución do profesorado para o curso 2025-2026. Tamén se aprobaron os programas escolares centrados no fomento da actividade física, a promoción dunha alimentación equilibrada e a mellora da integración e participación da comunidade educativa. Ademais, presentáronse as obras e melloras realizadas, sinalando algunhas necesidades pendentes, e aprobouse como día non lectivo o venres 15 de maio de 2026. Finalmente, analizáronse os resultados da avaliación diagnóstica, que reflicten un nivel medio-alto e unha evolución positiva, recomendándose manter a actual liña de mellora.
Aprobouse a selección dos libros de texto, presenta pola CCP e aprobada en Claustro, para 5º e 6º de Primaria, tendo en conta o “modelo híbrido” impulsado pola Consellería. Serán un manual de Lengua e outro de Lingua para os dous cursos, da Editorial Santillana. Para matemáticas solicitarase un caderno para 5º e outro para 6º, pero non entran na axuda de libros, xa que é unha ferramenta de uso persoal e entra na axuda de material escolar.
A finalidade foi informar sobre a solicitude á Dirección Territorial ao respecto das obras. Redactouse un documento que se remitirá á inspectora, para que todas as persoas poidan, se o consideran, facer as súas achegas. Se finalmente este órgano o ten a ben, será remitido á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O consello aproba o protocolo e-Dixgal despois das modificacións acordadas no anterior consello. A directora comenta que será remitido á Inspección.