Inscrición na Anpa en nos seus servizos
A inscrición realizase a través deste formulario online, na que podes inscribir á unidade familiar nos servizos da ANPA (madrugadores/servicio demuda/comedor/ludoteca). A cota é de 20 euros por familia por curso escolar.
Cómpre que sexas o pai, a nai ou tutor/a legal do alumnado do colexio CEIP López Ferreiro.
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN PARA O CURSO 25-26 DISPOÑIBLE A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO
Inscrición nas Actividades extraescolares
A partir do día 1 de setembro nos datos de contacto de cada monitor/a (ligazón).
A maiores da cota da ANPA a xestión das actividades extraescolares suporá o pagamento de 10 € ao ano por cada actividade extraescolar e neno/a (o cargo aboarase na primeira mensualidade que o neno/a asista ás aulas tras a primeira clase de proba, e en caso de baixa, da actividade unha vez comezada non se devolverá o importe).
Inscricións posteriores ao 1 de outubro
Para solicitar os servizos de comedor, madrugadores, muda e ludoteca e Actividades Extraescolares terás que poñerte en contacto directo coas persoas que coordinan cada servizo. (Ver apartado Contacto desta web)
Persoas de contacto da ANPA
Durante o curso académico 2024-2025 a ANPA tivo contratadas unhas 18 persoas traballadoras (cociñeiras, apoio de limpeza, monitoras e coordinadoras). Este número vaise axustanto ás necesidades que require cada curso.
Agradecemos a túa consideración e gratitude co seu esforzo e traballo á hora de comunicarse con elas e realizar peticións.
COMEDOR:
Susana Fondo
susacdf@yahoo.es
691 899 742
Se precisas calquera información sobre o comedor ou os seus servizos.
Se queres coñecer de cerca as instalacións e forma de funcionamento.
Podes solicitar calquera servizo do comedor de forma puntual, cómpre que avises na medida do posible cun día de antelación á encargada do comedor para favorecer a coordinación do servizo.
COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Andrea Iglesias e Laura Abad
extraescolares.lopez.ferreiro@gmail.com
649 294 475
Se precisas realizar algunha consulta detallada sobre as actividades extraescolares, podes poñerte en contacto directamente co profesorado encargado da actividade.
Para cuestións relacionadas coa xestión de incidencias de extraescolares, propostas de mellora, servizo de ludoteca, podes contactar con Laura Abad e Andrea Iglesias.
XUNTA DIRECTIVA ANPA
anpa.lopez.ferreiro@gmail.com
Se precisas realizar algunha consulta, saber a quen dirixirte para resolver unha incidencia ou aportar calquera suxestión, non dubides en contactar coa Xunta Directiva a través do correo electrónico.
Lembra que somos unha asociación sen ánimo de lucro, e que a Xunta Directiva está composta por un grupo voluntario de pais, nais e titores/as legais das crianzas do colexio CEIP López Ferreiro.
Estas persoas dedicamos o noso tempo de forma voluntaria e altruísta para manter e mellorar os servizos que ofrece a ANPA dentro do colexio. Agradecemos a túa comprensión e as túas achegas sexan aportacións construtivas para a comunidade escolar.