As ENAPA son principalmente espazos de formación destinados a previr e resolver conflitos de convivencia, así como a mellorar a convivencia e a fomentar o respecto mutuo e a tolerancia no centro educativo.
A ANPA ten a responsabilidade de elevar ao Consello Escolar do centro as temáticas a tratar, e a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) desenvólvense as iniciativas. Estas accións están enmarcadas dentro do Plan de convivencia do centro, co obxectivo de promover un ambiente educativo máis harmonioso e colaborativo.
Para máis información podes consultar a normativa que as regula aquí.
CURSO ACADÉMICO 2024-2025
Durante o curso académico desenvolvéronse tres actividades, unha por cada trimestre.
EDUCACIÓN PARA O USO CONSCIENTE DA TECNOLOXÍA
🪷Faladoiro ENAPA
📍Aula Ana María Prieto (Usos Múltiples)
🗓️ Mércores 7 de maio
⏰16.00-18.00 horas
🌞 Servizo gratuíto de ludoteca para asistentes (é preciso solicitalo antes do mércores por motivos organizativos ao correo anpa.lopez.ferreiro@gmail.com
CULTIVANDO A ATENCIÓN PLENA NA COMUNIDADE ESCOLAR
🪷Obradorio vivencial/Facilitador: Orlando Blanco
📍Aula Ana María Prieto (Usos Múltiples)
🗓️MARTES 18 de febreiro
⏰16-18 h
🌞 Servizo gratuíto de ludoteca para asistentes (é preciso solicitalo antes do mércores por motivos organizativos ao correo anpa.lopez.ferreiro@gmail.com
O CONFLITO NA FAMILIA: COMO XESTIONALO MEDIANTE A COMUNICACIÓN ASERTIVA
🪷Faladoiro ENAPA
📍Biblioteca Helena Villar
🗓️ Mércores 11 de decembro
⏰16.00-18.00 horas
🌞 Servizo gratuíto de ludoteca para asistentes (é preciso solicitalo antes do mércores por motivos organizativos ao correo anpa.lopez.ferreiro@gmail.com