Novidades
Concurso de pasteis
(04/12/2023) Queridas familias, na Anpa seguimos pensando en iniciativas para reforzar a nosa comunidade e ir máis aló do ámbito meramente educativo. Nese eido, propoñémosvos a seguinte suxerencia....
Concurso de pasteis ou doces caseiros!!
A receita gañadora se colgará na web da Anpa e tamén se elaborará no comedor, sempre que o persoal de cociña o vexa factible, claro.
Gustaríanos que fora unha ocasión para cociñar en familia e para demostrar que que se poden facer postres ricos e saudables.
Nos serviremos chocolate quente para acompañar os doces.
Animádevos a participar!!
Relanzamos o NADAL CIRCULAR!!!
(01/12/2023) Este grupo de Telegram, que está de aniversario, naceu dentro do proxecto López Ferreiro Circular na procura unha vida máis sostible.
Queremos reutilizar moito máis e mercar moito menos.
Coa chegada de decembro, queremos que os agasallos, libros e xoguetes retomen o protagonismo. Aproveitade para circular esas cousas que teñen moita vida pero xa no se usan, ou para aforrar uns cartos e, de paso, non desbaratar recursos innecesarios. Sinxelo, non?
Agardamos que as familias esteades cómodas e que sexades motor para que o grupo funcione.
Unídevos nesta ligazón: https://t.me/+LycDkrnzhJdlZmZk
Comeza o Colecamiños
(30/11/2023) Hoxe comezou por fin este programa que levamos preparando moito tempo con tanta ilusión. Foi un momento moi emocionante para todas! Sobre todo, para ó alumnado que puido vir desfrutando do percorrido a pé co seu grupo de iguais.
Ao ser o primeiro día, puidemos contar coa presenza de dous axentes de policía, pero nos vindeiros días vos recordamos que o alumnado máis pequeno debe vir acompañado dun/ha adulto/a. Vos animamos a facer quendas nas que cada familia faga de acompañante os días que teña dispoñibles.
Animádevos a vir xuntas/os e sen coche!
Podes ver a noticia do Concello de Santiago: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=22936&lg=cas
Menú de decembro
Podes descargalo aquí.
Colaboración na horta escolar o luns 27 de novembro de 16 a 17.30 horas
(24/11/2023) Co motivo de ampliar a pequena zona de horta da escola para o cultivo de plantas aromáticas e algunhas flores, precisamos a túa colaboración para a limpeza de herbas e bancais que se desenvolverá o luns 27 de novembro de 16 a 17.30 horas.
Se tes na casa material de horta que non uses podes doalo para este fin. Valen regadeiras, luvas e outra pequena ferramenta. Pódelo deixar o vindeiro luns na zona da horta.
Anteriores
Publicación da presentación da Asemblea do 16 de novembro de 2023
Está publicada a presentación da asemblea do 16 de novembro.
Máis informaciónConciliación en Nadal
Ligazón ao Programa municipal de conciliación de Nadal 2023.
Remata: o 9 de novembro (incluído).
Entrega: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago ou na sede electrónica (https://sede.santiagodecompostela.gal/).