ANPA López Ferreiro
Para estar ao día da información podes:
- seguirnos na nosa canle de Telegram, ou
- consultar o noso blog periódicamente.
Novidades da ANPA
No noso blog podes poñerte ao día das novidades da ANPA: https://anpaceiplopezferreiro.blogspot.com.
Patrocinadores
COTAS DE SERVIZOS DA ANPA

O COMEDOR DO LÓPEZ FERREIRO ADHIRESE AO DISTINTIVO KM 0
O comedor do Lopez Ferreiro adheriuse a este distintivo para aqueles establecementos cun compromiso social na compra de produto e que velan polas materias primas de cercanía, con indicativo de calidade e ecolóxicos asi como a pegada ambiental e social. Enviamos o manual deste tipo de establecementos que esperamos lucir o vindeiro curso.
Artigo publicado na web de Slowfood Internacional:
https://www.slowfood.com/es/comedores-escolares-km-0-de-galicia/
Comunicado de pagos C.D. Patín Berenguela (diver patin)


Proxecto A maxia que nos rodea da Diputación da Coruña: visita do venres 13 de decembro, "A Maxia da música" co grupo Sanarte.
NOVA SOBRE O NOSO COMEDOR
Compartimos un artigo publicado polo observatorio de comunicación sobre o noso colexio:
Alimentación ecolóxica: a materia pendente dos colexios
Dise que a alimentación ecolóxica é aquela na que a procedencia dos produtos que consumimos está libre de químicos. Porén, a maioría dos colexios de Compostela non contan con este modelo de alimentación nos seus comedores. Só un leva a palma de ouro: o C.E.I.P. López Ferreiro, que destaca por ter cociña de elaboración propia e unha selección de produtos de orixe ecolóxica e local nos seus menús.
AXUDAS DE IGUALDADE
A anpa vai solicitar un ano mais as axudas para a promoción da igualdade que outorga a secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia. Este ano como novidade abranguerá tamén aos alumnos de 4º curso ademais dos de 5º e 6º. Para a realización dos obradoiros contaremos un ano mais coa ONX AGARESO.
As actividades consistirán en obradoiros de educomunicación que incluirán grabación de videos ou emisións de cuñas de radio. Se nos conceden a axuda as actividades desenvolveránse ao inicio do vindeiro curso. O pasado ano a ANPA recibiu unha axuda de 4.000 euros da secretaría xeral de igualdade para a realización destas campañas de promoción.
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN
Comunicamos a ampliación do prazo de inscrición ata o día 12 de Decembro no Programa municipal de Conciliación de Nadal 2019.



NOTA INFORMATIVA PARA PAIS DE ALUMNOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA
Co aumento de número de usuarios de comedor e mentres persista o mal tempo que non permite saír as pistas deportivas, tómase a decisión de que os nenos de 1º e 2º de primaria, despois de comer, quedarán a xogar nas instalacións do propio comedor.
Recolleranse polo patio de columnas como é habitual.
Os pais AVISANDO con antelación poderán recoller os nenos pola rúa Xasmíns a partir das 15:15.
NOTA INFORMATIVA SOBRE A ACTIVIDADE DE IGUALDADE
Achegamos resumo coas actividades realizadas no obradoriro en prol da igualdade, levado a cabo en colaboración con AGARESO:
O alumnado de primaria constrúe a súa propia campaña publicitaria contra o machismo
Cuña 1: https://www.ivoox.com/cunas-contra-o-machismo-2-cambiemos-a-narrativa-audios-mp3_rf_44834724_1.html
Cuña 2: https://www.ivoox.com/cunas-contra-o-machismo-1-cambiemos-a-narrativa-audios-mp3_rf_44834617_1.html
Menú monstruoso sorpresa Samaín
O pasado luns fixemos unha comida especial sorpresa para celebrar o Samaín dándolle unha forma divertida á comida. O menú consistíu nunha crema de cabaza e logo pasta con tomate, atún, ovo duro, queixo e olivas. De sobremesa tomaron froita.
Información completa e actualizada das actividades da ANPA

Investimentos da ANPA
Achegamos foto dos investimentos da ANPA en equipamento da cociña:
Dous carriños de aceiro inoxidable e máquina para estirar masa.
Restaruración das colchonetas para a actividade de Iudo
Achegamos foto do novo tatami para a actividade iudo tras o arranxo das antigas colchonetas por parte da ANPA.
Listaxe actividade Robótica
Listaxe actividade Inglés
Actividade Guitarra
Todos os alumnos que se inscribiron na actividade de guitarra ou estean interesados en coñecela poden acudir á primeira clase de proba o venres, 4 de outubro, ás 16:00 horas, na que se organizarán os grupos para o curso. O punto de encontro é o comedor do colexio e de alí irán á aula. Dado que os inscritos son poucos e de diferentes idades, exponse facer dous grupos: de 16:00 a 16:45 e de 16:45 a 17:30. O primeiro grupo sería o dos máis cativos. Na clase comentaranse os aspectos relativos ao material. Unha vez feita a primeira clase faranse as listaxes definitivas.
Listaxe inscritos fútbol, patinaxe, esporti e hóckey
Listaxe de baile galego
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
Ven de ser concecida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia unha subvención, solicitada pola ANPA, para a realización de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, que comezaremos a desenvolver nas vindeiras semanas.
Horario das clases de Judo durante o mes de setembro
Durante este mes de septiembre las clases las unificaremos en el horario siguiente:
Martes y jueves de 17.00 a 18.00h
En octubre con las listas completas haremos el horario habitual.
Listaxe da actividade Judo

Listaxe da actividade Taller de Inglés

Listaxe clases de Danza

Nota informativa actividades extraescolares

Actividade de Natación
Os alumnos inscritos na actividade de natación (clic para ver listaxe), precisan cumplimentar a matrícula na web da USC. Para máis información, preme aquí.
Axuda destinada ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar
A Xunta outorgounos unha axuda de 13.833,74 € destinada ao cofinanciamento dos servizos de comedor. Ver a resolución da concesión aquí.
NOTA INFORMATIVA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR ROBÓTICA
O vindeiro venres 13 de setembro de 2019, ás 16.30, no comedor haberá unha xuntanza cos responsables da actividade robótica para poder informar aos pais de como será a actividade: horarios, grupos a formar e todas as dúbidas que poidan xurdir. Poden asistir tanto os xa inscritos como as persoas interesadas. A actividade terá comezo a partires de outubro se se forma un grupo que sexa viable, como parece ser que será o caso.
INFORMACIÓN ACTIVIDADE NATACIÓN REMITIDA POLA USC
Achego horarios e prazas asignadas ao voso centro e información complementaria sobre o proceso de matriculación.
Notas importantes:
· Para ter acceso a esta oferta o número total de alumnos do centro non debe baixar de 8.
· Unha vez que remata a inscrición e se etabiliza o alumnado enviarase información para facer o abono conxunto da actividade por parte do voso entro.
Importe cuadrimestral por alumno/a:
o 54 €, en horarios de luns a venres.
o 68 €, os sábados.
· Todo o alumnado ten que ter un mínimo de 6 anos ou cumprilos no 2019 e estar en posesión do DNI para poder acceder ás nosas instalacións e participar nas actividades programadas.
· A inscrición farase preferentemente a través da web. Achégase información complementaria para este proceso.
· O Centro deberá achegar un listado do alumnado autorizado a participar nos cursos para proceder nós a confirmar as inscricións e enviarlles a cada un un e-mail no que se lles comunica dita confirmación. O alumnado que se inscriba vía web e no estea incluido no listado e nos horarios remitidos polo centro non se admitirá.
· En caso de que algunha persoa non poida facer a inscrición como se indica deberedes remitir cuberto en tódolos apartados o impreso que se aompaña: Rexistro de Persoas Usuarias do Servizo de Deportes.
· No caso de que sexa a primeira vez que se rexistra, deberá achegar tamén unha fotocopia do DNI. Neste caso, unha vez que tramitemos o seu rexistro enviaráselle un e-mail para que obteña a TUI, tal e como se indica no parágrafo 4 das instruccións.
Nota: as persoas rexistradas do curso pasado xa non terán que facer ese paso e poden apuntarse directamente a actividade.
Días non lectivos no 1º cuadrimestre:
· 12 de outubro
· 1 e 2 de novembro
· 6 e 7 de decembro
· 8 de decembro
· Vacacións inverno: desde o 22 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos incluídos)
· 27 de xaneiro (festa de Santo Tomé)
Información que se acompaña:
· Horarios e prazas asignadas ao Centro.
· Procedemento de inscrición do alumnado.
· Formulario de Rexistro e Inscrición (en caso de non poder facelo vía web)

Información sobre os servizos e actividades extraescolares
O curso 2019-2020 ofertanse clases de Guitarra, robótica, así como dúas novas actividades organizadas por ALOHA.
As clases, para aqueles pais que o desexen, comenzarán na segunda quincena de setembro coa metade de prezo de custo dun mes normal e sempre que haxa un grupo. Apuntarse para comezar en setembro non da maiores dereitos de reserva de praza.
O PRAZO PARA A INSCRICIÓN REMATA O 11 DE SETEMBRO DE 2019 A CAL PODEDES FACER ENCHENDO O FORMULARIO NA WEB http://www.anpalopezferreiro.org E REMITINDO POR CORREO ELECTRÓNICO A anpa.lopez.ferreiro@gmail.com OU PRESENTANDOO NO COLEXIO ( MENTRAS PERMANEZA ABERTO). NO FORMULARIO DEBE INDICARSE A PALABRA SETEMBRO PARA AS ACTIVIDADES QUE PODEN COMENZAR NESAS DATAS QUE SON TODAS AGÁS XADREZ E ALOHA.

Presentación da actividade de robótica que ofertarase no vindeiro curso 2019 -2020

Kith English & Activities: Inscrición 2019 - 2020.
Bolsas de comedor e actividades extraescolares
Informamosvos que xa sairon as bolsas de comedor e actividades extra escolares do concello de Santiago de Compostela.
As solicitudes para as bolsas de comedor/actividades/material escolar, para o curso 2019/2020, pódense presentar ata o día 14 de xuño de 2019.
Para calquera dúbida poden chamar ao 981542465.
Bases convocatoria: http://santiagodecompostela.gal/imxd/avisos/doc/1558600136Bases_comedor_Curso_19-20_definitivas.pdf
Impresos: http://santiagodecompostela.gal/imxd/avisos/doc/1558682050Impreso_de_solicitud.pdf
Festival das actividades extraescolares
Como cada ano celebramos o festival das actividades extraescolares o 12 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre. Convidamosvos a todos a pasar un bó rato. Instalaremos unha fonte de auga de bebida pero pregamos que traigades botellas ou vasos para encher, para xerar os menos residuos posibles.
Agardamos que nos divirtamos vendo as habilidades dos nosos nenos e nenas.
A DIRECTIVA DA ANPA

Actividade ALOHA
Remitimos proposta de actividades de Aloha para vindeiro curso. En función da demanda poderíamos propoñervos horarios. O vindeiro 5 de xuño as 16.30 haberá unha xuntanza informativa para todos os pais que estén interesados naas actividades que se celebrará no comedor.
Un saúdo
KITSUNE (ED. INFANTIL):
o Duración: 1h semanal
o Matrícula: 15€
o Mensualidade: 20€
o Ratio mínimo: 6 alumnos/as
· ALOHA MENTAL ARITHMETIC (ED. PRIMARIA):
o Duración: 2h semanales (xuntas)
o Matrícula: 39.90€ (material para todo o programa)
o Mensualidade: 51€
o Ratio mínimo: 8 alumnos/as
· ZINKING CLUB (4º,5º y 6º ED. PRIMARIA):
o Duración: 1h y media semanal (1h presencial y 30min de contenido online)
o Matrícula: 19.50€
o Mensualidad: 29.50€
o Ratio mínimo: 5 alumnos/as
Persoa de contacto
Alba Peñasco González
Directora
Móv. +34 674 620 072
A Secretaría Xeral da Igualdade organiza as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Trátase dunhas xornadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que atenderá tanto a temática de promoción da igualdade como a loita para erradicar a violencia contra as mulleres: Nestas xornadas se abordarán os conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no eido educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das condutas machistas, da conciliación e da necesidade da corresponsabilidade ou reparto equitativo das tarefas de coidado e domésticas, entre outras pautas para avanzar cara a igualdade. Noutro ámbito, presentaranse datos acutalizados sobre a violencia de xénero en Galicia e pautas, recomendacións e protocolos para a loita contra a violencia de xénero. Todos isto con exemplos e material descritivo.
Finalmente presentaranse experiencias levadas a cabo polas anpas de centros educativos de Galicia de traballo neste eido.
Estas xornadas diríxense á comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias, profesorado, e público en xeral. Trátase dunha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.
Contarase cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
Máis información e material:

CONCURSO Y PLATAFORMA WEB ALOHA
Compartimos correo de Aloha
Te escribo para darte a conocer la plataforma de retos online que te comenté el otro día y el concurso que vamos a celebrar a través de la misma que tiene premio tanto para los alumnos como para los colegios participantes.
Se trata de una plataforma web gratuita que durante el verano ofrece una serie de retos mentales en forma de misiones que pueden resolver niños de 5 a 13 años. En estos retos se trabajan las distintas habilidades que los alumnos de Aloha aprenden en la actividad y además incluyen pequeñas píldoras sobre nociones de cultura general. Cada misión ha sido diseñada por nuestro Departamento Pedagógico, compuesto por psicólogos, maestros y profesionales de la comunicación.
Me gustaría saber si estáis interesados y si crees que el colegio nos permitiría promocionar la plataforma de alguna forma, ya sea a través de algún póster que podamos colgar o entregando algunos dípticos.
En la última misión, que tiene lugar en agosto, los alumnos que participen entrarán el sorteo de premios como los que ves en el archivo adjunto. Además, si el alumno ganador del mayor premio del concurso asiste a vuestro colegio este recibirá un vale de 250€ en material escolar.
Si tienes alguna duda acerca de cómo funciona la plataforma o cómo funciona el concurso estaré encantada de resolvértela. No obstante, te dejo aquí la web de la plataforma por si quieres visitarla: https://www.thebrainfactory.eu/es/retos-mentales/


COMPARTIMOS INFORMACIÓN SOBRE COMEDORES ESCOLARES REMITIDA POR ANPAS CORUÑA
Amigas e amigos:
O pasado 10 de marzo mantivemos unha reunión en Madrid organizada por CEAPA, para poñer en común a situación dos comedores escolares nas diferentes comunidades autónomas. Asistimos 47 persoas en representación de 18 federacións e confederacións.
Asemade o noso representante de CONFAPA participou como relator expoñendo a xestión dos comedores en Galicia no pavillón de CEAPA en IFEMA.
Achégase documento/resumo da reunión de CEAPA e o documento de debate.
Un saúdo.
Xunta Directiva Federación Prov. ANPAS

CHARLA PARA AS FAMILIAS DO CAFI
Compartimos con vos información que proporcionounos a orientadora Begoña Castro que impartiu unha charla no noso colexio o pasado mércores 27 de marzo de 2019.
FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA
Compartimos correo de ANPAS CORUÑA:
A ANPAS FEDERADAS:
Este ano toca a celebración da III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA. Fostes moitos os que preguntastes se este ano íamos reunirnos en Gandarío; pois sí, o día 25 de maio.
Mais ou menos a organización é como o ano pasado (non hai porque cambiar o que funcionou ben). O que sí queremos mellorar é a participación dos maiores, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos. Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo.
Este ano mantemos o torneo de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.
E como non, non pode faltar unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto a tráelo para bailar todos unhas repichocas.
Se participades, esperamos que sí, no torneo de fútbol é preciso, por razóns de organización previa, anotarse no campo relacionado na ligazón da aplicación. Se non hai participantes, non habería esa actividade. O mesmo facemos se vos apetece traer e tocar un instrumento e bailar ao son da música; o que chamamos “Foliada”.
Podedes votar unha ollada ás fotos do ano pasado na nosa web www.fedapascoruna.org e lembrade que cando teñades todo organizado debedes enviarnos unha listaxe cos nomes de asistentes diferenciando se son nenos/as ou adultos, xa que na ligazón o que facemos é inscribir a ANPA.
Por suposto, gustaríanos que nos axudásedes facendo aportacións, por exemplo: suxerir actividades, aportar patrocinadores que coñezades e estean dispostos a colaborar con agasallos, cartos, o que sexa…e tamén nadinamización das actividades e no traballo xeral dese día, polo que é moi importante que fagades defusión aos participantes das normas de funcionamento que vos achegamos, e tamén do cartaz da Festa.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE ABRIL. ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN QUE VEÑADES E PASEMOS UNHA XORNADA MOI AGRADABLE..
Ligazón para anotar a participación da ANPA: https://goo.gl/DMidfu
TEMPORALIZACIÓN:
10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
14:00 - 15:30: XANTAR
HORARIO DE TARDE:
15:30: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
FOLIADA
CAPOEIRA EN FAMILIA
TROTAMÚSICOS
XOGOS MUSICAIS – ZUMBA
E DEMAIS ACTIVIDADES QUE POIDAN XURDIR. SORPRESA!!!
17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA
18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA
Normas xeráis III Festa das Anpas da Escola Pública

Charla sobre a convivencia das familias
O vindeiro 27 de marzo de 2019 temos una charla no comedor do colexio sobre temáticas que poden axudar a mellorar a convivencia das familias. A charla está patrocinada polo CAFI. O acceso é libre pero para poder facernos una idea da posible asistencia, agradecemos que mandedes un correo electrónico a anpa.lopez.ferreiro@gmail.com indicando que estades interesados. Se os precisades os nenos poden quedar na ludoteca e tedes que avisarnos tamén de esta circunstancia por se fóra preciso reforzar este servizo.
Animámosvos a asistir a esta interesante charla.
Un saúdo
A DIRECTIVA DA ANPA LÓPEZ FERREIRO
Visita dos alumnos de 6º a Vila Real (Portugal)
Compartimos esta nova do xornal LA VOZ DE GALICIA onde se informa da visita dos alumnos de 6º do noso colexio a Vila Real e os proxectos a desenvolver. Desde a ANPA colaboramos co persoal nun obradoiro feito polos nenos no comedor onde elaboraron uns doces artesanais para levar na viaxe como agasallo.
Formación para alumnos de sexto sobre o uso seguro de Internet
Escolares de sexto de primaria tiveron formación sobre o uso seguro de Internet y cómo manexarse nas redes sociais. Máis información na nova do xornal LA VOZ DE GALICIA que compartimos:
¿Tienen derecho las familias a revisar los exámenes corregidos de sus hijos?
Varias autonomías emiten órdenes para evitar que los docentes se nieguen a entregar copias de las pruebas a las madres y padres que lo soliciten
https://elpais.com/sociedad/2019/01/30/actualidad/1548833364_302547.html

ENFERMEIRO/A NOS COLEXIOS
Pais da nosa asociación piden a colaboración da ANPA para a recollida de sinaturas para que haxa enfermeiros nos colexios. Trátase dunha proposición non de lei que promoven diferentes asociacións e colexios profesionais.
Tedes os impresos para asinar e o escrito na secretaría e no comedor.
A ANPA non se fai responsable do tratamento e xestión dos datos consignados neses impresos.
A DIRECTIVA DA ANPA

Resposta do concello a solicitude de adopción dunha serie de medidas relacionadas co tráfico
Ver adxunto.

Charla sobre alimentación infantil
O vindeiro día 1 de febreiro a nutricionista da ANPA Cristina Pazos impartirá no comedor do colexio. de 16:00 a 17:00, unha charla sobre alimentación infantil.
Primeros auxilios para padres: guía práctica
"Esta Guía práctica de primeros auxilios para padres está escrita para ayudaros. Describe de una manera sencilla y práctica cómo se deben abordar algunas de las situaciones que más os preocupan, bien por su frecuencia o por su aparente gravedad. Reconocer algunos síntomas que pueden ser graves o iniciar el tratamiento in situ, donde está el niño, pueden ser importantes para evitar la progresión de la enfermedad, unas veces, y otras para evitar el innecesario traslado a un centro sanitario."
FELICITACIÓN DE NADAL
A directiva da ANPA desexa bo nadal a toda a comunidade educativa
Ciclo de conferencias Educación S. XXI de Afundación Obra Social ABANCA
Un programa para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre a ensinanza a toda a comunidade educativa.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Desde a ANPA animámosvos a colaborar na Campaña Solidaria de recollida de alimentos "Operación Quilo" aportando alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene persoal ANTES DO 20 DE DECEMBRO.
Os donativos entregaranse por arriba, na parte de Dirección.
A DIRECTIVA DA ANPA.
Colaboración coa ludoteca da ANPA
Desde a directiva da ANPA queremos invitarvos a colaborar con xoguetes, libros ou material para manualidades para a ludoteca da ANPA, aproveitando este tempo en que pronto van chegar outros agasallos novos. Así mesmo, queremos agradecer a aqueles pais que xa aportan material deste tipo para o uso dos nenos.
O material o tedes que entregar ao persoal do comedor. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Martes 27 de novembro, tratamento da lexionela no pavillón Lorenzo de la Torre
O vindeiro martes día 27 de novembro o Pavillón Polideportivo Lorenzo de la Torre estará pechado durante todo o día por labores de mantemento, polo que ese día suspendese a actividade de baloncesto.
Actuación do mago Dani Polo
O vindeiro 14 de decembro actuará no noso colexio o gran mago Dani Polo, concursante galego do programa de TVE PURA MAGIA. Esta actuación forma parte do programa de actividades que cada ano organiza a ANPA. Agardamos que todos os nenos disfruten do espectáculo.
Menú monstruoso sorpresa de Samaín
Novo uso dos teléfonos da ANPA
Co motivo de facer un uso mais racional dos teléfonos da ANPA informámosvos dos seguintes cambios no emprego dos teléfonos:
Teléfono de responsable de cociña, en horario preferente 9.30 - 13.30 e 16:00 - 17:00 horas
691 899 742
Para comunicar á cociñeira as indisposicións dos nenos debido a enfermidades, dietas, alerxias, etc
Para comunicar a asistencia dun neno ao comedor por razóns non previstas e non avisado o día anterior.
Para informar de calquera incidencia ou temas relacionado coas coidadoras.
Teléfono para suxestións de melloras no comedor.
Teléfono das coidadoras da ANPA, en horario de 15.30 a 17.15
INFANTIL( Silvia) 649 294 475
PRIMARIA (Andrea) 630 080 390
Para avisar dos cambios na recollidas dos nenos debido a retrasos ou que non ven a recollelo a persoa habitual.
Teléfono de atención a temas de CONVIVENCIA para poñer en coñecemento da anpa que houbo algunha cuestión neste tema que será informado ao responsable de convivencia da ANPA para que adote as medidas oportunas.
Teléfono de comunicación de asuntos a ANPA cando debido a razóns de urxencia non se poidan empregar o correo electrónico.
Teléfono para comunicar incidencias en actividades extraescolares por parte das empresas como falta do profesor, ou outras incidencias.
Convocatoria actividade de Danza
Convócase ás familias das alumnas do grupo dos luns a reunión o vindeiro luns 8 de Outubro ás 18:10 na clase de Danza.
PREGAMOS ASISTENCIA
Falaremos de posibles solucións para que o grupo non sexa tan numeroso
Convócase ás familias das alumnas do grupo dos mércores a reunión o vindeiro mércores 10 de Outubro ás 18:10 na clase de Danza.
PREGAMOS ASISTENCIA
Falaremos de posibles solucións para que o grupo non sexa tan numeroso
Bolsas de actividades extraescolares
O día 10 de outubro remata o prazo para que todos os nenos beneficiarios das bolsas de actividades extraescolares presenten un certificado expedido polas entidades colaboradoras conforme están asistindo a actividade obxecto de subvención. Este certificado debe presentarse por rexistro. Segundo informannos no concello, as entidades colaboradoras poden facer esta xestión no nome dos beneficiarios polo que os beneficiarios das bolsas deben informar aos responsables das actividades de que teñen bolsa e acordar con eles quen se fai cargo de presentar o certificado no rexistro.
ACTIVIDADE BAILE GALEGO
Dado o interese da actividade BAILE GALEGO imos valorar a posibilidade de formar dous grupos por idades, un para os nenos mais pequenos e outro para os mais maiores polo que agradecemos que os que estedes interesados en firme en asistir confirmedes ao correo da profesora uns datos:
Nome do neno
Curso no que asiste este ano
Preferencia de horario ( 16:30-17.30 ou 17.30-18.30)
Os que asistan na segunda quenda poderán quedar no colexio, na ludoteca do comedor, ata a hora da clase)
Correo da profesora: claudia_pfidalgo at hotmail.com (substituir at por arroba)

Clase de proba de Esportí
O vindeiro mércores día 26 de setembro de 5 a 6 haberá unha clase de proba de esportí no pavillón Lorenzo de la Torre. Os nenos que estén no colexio por quedarse despois do comedor xa os baixarán directamente ao pavillón desde o patio e os pais os recollerán alí. Esta actividade comparte espazo co futbol sala e na medida da demanda poderánse reorganizar os horarios propostos dacordo coa maioría dos pais.
A directiva da ANPA.

Clase de proba Baile Tradicional
O vindeiro mércores 26, ás 17:00 horas haberá unha clase de baile galego para dar a coñecer a nova actividade extraescolar pola profesora Claudia Fidalgo. Todos os interesados poden acudir ao patio do colexio nesa hora.
A directiva da ANPA.
Xúntase circular actividade de Inglés

Actividade de Baloncesto

CONVOCATORIA PRESENTACIÓN ALOHA+KITSUNE
Se adjunta un documento con la convocatoria de la presentación, así como dos con los trípticos de las actividades para que las familias tengan más información.
Se hará una sola convocatoria, ya que aunque son dos programas (Ed. Infantil y Ed. Primaria), es posible que haya familias con hijos o hijas en ambas etapas que estén interesados. Es decir, se hará una única presentación conjunta, que tendrá lugar el jueves 13 de septiembre en el comedor del colegio a las 16:00 horas. En ella procederemos a mostrarles nuestro programa de desarrollo mental con ábaco para niños de 5 a 13 años, ALOHA, y el programa de estimulación temprana para Educación Infantil (3, 4 y 5 años) KITSUNE, que emplea material multisensorial de la Universidad de Oxford. Tanto los programas como el material les serán mostrados en la cita indicada.
INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE DE NATACIÓN, REMITIDA POLA USC
Para ter a consideración de grupo o número total de alumnos/as dos distintos grupos do centro non debe baixar de 8 .
Unha vez que remata a inscrición e se estabiliza o alumnado enviarase información para facer o abono conxunto da actividade por parte do voso centro (importe cuadrimestral por alumno/a 45 €).
O alumnado ten que estar en posesión do DNI para poder acceder ás nosas instalacións e participar nas actividades programadas.
Para acceder a esta actividades os/as alumnos/as teñen que ter cumpridos os 6 anos no 2018.
A inscrición farase preferentemente a través da web. Achégase información complementaria para este proceso.
O Centro deberá achegar un listado do alumnado autorizado a participar nos cursos para proceder nós a confirmar o alumnado inscritos e enviarlles un e-mail no que se lles comunica dita confirmación. O alumnado que se inscriba vía web e non estea incluido no listado e nos horarios remitidos polo centro non se admitirán.
En caso de que algunha persoa non poida facer a inscrición como se indica deberedes remitir cuberto en tódolos apartados o impreso que se aompaña: Rexistro de Persoas Usuarias do Servizo de Deportes.
No caso de que sexa a primeira vez que se rexistra, deberá achegar tamén unha fotocopia do DNI. Neste caso, unha vez que tramitemos o seu rexistro enviaráselle un e-mail para que obteña a TUI, tal e como se indica no parágrafo 4 das instruccións.
Días: luns, martes ou xoves de 17:15 a 18:00.
Días non lectivos no 1º cuadrimestre:
12 e 13 de outubro
1 de novembro
6 de decembro
8 de decembro
Vacacións inverno: desde o 23 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos incluídos)
28 de xaneiro (festa de Santo Tomé)
Información que se acompaña:
Horarios e prazas asignada ao Centro.
Procedemento de inscrición do alumnado.
Formulario de Rexistro e Inscrición (en caso de non poder facelo vía web)
FUNCIONAMENTO DA LUDOTECA
Informamosvos que está en funcionamento o servizo de ludoteca desde as 17:00 ás 18.30 no comedor, todolos días por un prezo de 35 €/neno. Ante a demanda existente este servicio vaise poder contratar en días soltos, a un prezo de 4 €/neno.
A directiva da ANPA