Inscrición na Anpa
Neste formulario podes inscribirte na ANPA (1 cota por familia)
A persoa que se inscribe deberá ser pai/nai/tutor-a legal dos nenos/as alumnos do cole
Para inscricións realizadas a partir do 1 de OUTUBRO compre ademáis da inscripción poñerse en contacto directo para solicitar os servizos de comedor e extraescolares para poder coordinar o servizo.
A cota da ANPA é de 20 euros por familia/curso escolar. A maiores da cota da ANPA a xestión das actividades extraescolares suporá o pagamento de 10 € ao ano por cada actividade extraescolar e neno/a (o cargo aboarase na primeira mensualidade que o neno/a asista ás aulas tras a primeira clase de proba, e en caso de baixa, da actividade unha vez comezada non se devolverá o importe).
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN PARA O CURSO 25-26 DISPOÑIBLE A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO
Persoas de Contacto da nosa Anpa
Actualmente a Anpa ten contratadas durante o curso (24-25) a unhas 18 persoas traballadoras (cociñeiras, apoio limpeza, monitoras e coordinadoras) número que se vai axustanto ás necesidades que require cada curso.
Agradecemos a consideración e gratitude por parte das familias, co seu esforzo e traballo á hora de comunicarse con elas e realizar peticións.
COMEDOR: Susana Fondo - 691 899 742 / susacdf@yahoo.es
Se precisas calquera informaciòn sobre o comedor ou os seus servizos.
Podes solicitar calquera servizo do comedor de forma PUNTUAL, compre que avises na medida do posible cun día de antelación á encargada do comedor para favorecer a coordinación.
COORDINACIÓN EXTRAESCOLARES: Andrea Iglesias e Laura Abad - 649 294 475 - extraescolares.lopez.ferreiro@gmail.com
Se precisas realizar algunha consulta detallada sobre as actividades extraescolares, podes poñerte en contacto directamente co profesorado encargado da actividade.
Para cuestións relacionadas coa xestión de incidencias de extraescolares, servizo de ludoteca ou do comedor, podes contactar con Laura Abad e Andrea Iglesias.
XUNTA DIRECTIVA ANPA: anpa.lopez.ferreiro@gmail.com
Se precisas realizar algunha consulta, saber a quen dirixirte para resolver unha incidencia, ou aportar calquera suxestión, non dubides en contactar coa Xunta Directiva a través do correo electrónico.
Lembra que somos unha asociación sen ánimo de lucro, e que a Xunta Directiva está composta por un grupo voluntario de pais, nais e titores legais das crianzas do colexio CEIP López Ferreiro.
Estas persoas adicamos o noso tempo de forma voluntaria e altruísta para manter e mellorar os servizos que ofrece a Anpa dentro do colexio. Agradecemos a túa comprensión e as túas achegas sexan sempre aportacions constructivas.