Inscrición

Neste formulario farás socia a túa familia na ANPA. Ao ser socio/a da ANPA poderás acceder aos seus servizos (madrugadores, merenda, comedor, ludoteca e muda) e ás actividades extraescolares. 

No formulario poderás inscribir a todos/as os nenos/as dos que es responsable legal.

A cota da ANPA é de 20 euros por familia ao ano. A maiores da cota da ANPA a xestión das actividades extraescolares suporá o pagamento de 10 € ao ano por cada actividade extraescolar e neno/a que se aportará na primeira mensualidade.

Se precisas de forma esporádica o servizo de comedor cómpre que avises cun día de antelación á encargada do comedor, Susana Fondo - 691 899 742. Só en caso de urxencia podes avisar no día.

Se precisas facer algunha consulta polo miúdo das actividades extraescolares podes poñerte en contacto co profesorado da actividade ou coas coordinadoras das actividades extraescolares, Andrea e Laura Abad - 649 294 475 - extraescolares.lopez.ferreiro@gmail.com.

Podes contactar coa ANPA no seguinte correo: anpa.lopez.ferreiro@gmail.com.

Ligazón ao formulario aquí. (Habilitarase do 4 ao 20 de setembro).