Escola de Nais e Pais
O CAFI da Consellería de Educación ven de botar a andar as "Escolas de Nais e Pais" facilitando charlas e seminarios nos que especialistas de diferentes disciplinas se achegan aos centros educativos para tratar temas de interese para a comunidade educativa.
Nesta web atoparás a información sobre estas charlas que se organizan dende a ANPA, que propón as temáticas que nos interesan, co apoio do noso colexio e coa colaboración do CAFI, que nos facilita os relatores das charlas.
Alimentación saudable e introdución aos bos hábitos na casa
Maika López Álvarez
Licenciada en Farmacia Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Nutrición Humana e Dietética. Universidad de Navarra, con ampla experiencia en formación no ámbito escolar con estas temáticas.
Directora de Nutrisalud centro multidisciplinar en nutrición.

Data: 28 de abril de 2022
Hora: 16:15 a 18:15
Lugar: No colexio
Inscricións no formulario: https://forms.gle/BH7ssR5L45HYxnWs8
As familias que asistan á charla poderán deixar aos seus fillos e fillas ao coidado do persoal da ANPA para facilitar a súa participación, pero deberán indicalo cando se inscriban.
A tecnoloxía: uso sano e consciente
Juan Carlos Permuy Bermúdez
Experto en drogodependencias pola Universidad Complutense de Madrid. Especialización en técnicas de psicoterapia con adolescentes e as súas familias. Instructor de Mindfulness avalado pola Universidad de Zaragoza. Experto en Compassion Focussed Therapy.
Traballou como psicoterapeuta e foi director de diferentes recursos de atención a persoas con trastornos adictivos e ás súas familias.
Tamén se ten achegado ao ámbito da docencia, desenvolvendo programas de regulación emocional, educación afectivo sexual e prevención de conductas adictivas para adolescentes, as súas familias e a comunidade educativa en centros de primaria, secundaria e bacharelato.
Actualmente compatibiliza este traballo co da clínica privada.

Data: 14 de decembro de 2021
Hora: 16:15 a 18:15
Lugar: No colexio
Inscricións no formulario: https://forms.gle/BH7ssR5L45HYxnWs8
As familias que asistan á charla poderán deixar aos seus fillos e fillas ao coidado do persoal da ANPA para facilitar a súa participación, pero deberán indicalo cando se inscriban.