Merenda saudable
Sempre consta de froita e logo un pequeno bocadillo (queixo, chourizo, crema de chocolate con froitos secos), queixiños acompañados de galletas ou anacos de pan.
Se o/a usuario/a vai a madrugadores entón méteselle a merenda na mochila. De darse o caso de que o/a rapaz/a non ven a madrugadores pero está apuntado o programa de “merenda saudable”, entón o propio persoal do comedor encargase de achegarlle a merenda ao rapaz ou a rapaza na fila.
Prezo da merenda saudable
O prezo da merenda saudable é para todo o mes de 15 euros e as merendas soltas terán un custo de 1 euro.
Información xeral respecto dos programas de madrugadores, merenda, comedor e muda
Os devanditos servizos teñen o seu inicio para os nenos e as nenas de 3 anos cando estes comezan as clases toda a mañá, coincidindo co fin do período de adaptación.
Todos os de usuarios/as dos servizos do ciclo de infantil deben de traer un mandilón e cepillo de dentes para os servizos de madrugadores e comedor.
No servizo de madrugadores, calquera recado que haxa para o profesorado deixase aos/ás coidadores/as por escrito, nomeando a quen vai dirixido e de que neno ou nena é, ao igual que as bolsas de material, aniversarios, actividades extraescolares todo co nome do/a neno/a e curso e grupo.
Calquera alerxia ou intolerancia alimentaria debe ser anotada na folla de inscrición, achegando unha copia do informe médico. Adaptarase o menú a cada caso particular.