TokApp School
Suscríbete ás canles de novas que che interesan na aplicación TokApp, dende esta ligazón: https://tokapp.com/gl/subscricions/anpa-lopez-ferreiro/935714/
TokApp é unha aplicación desarrollada en Galicia e que están a empregar moitos colexios, institucións e asociacións para comunicarse coas súas comunidades.
Decidímonos a empregala porque nos permite comunicarnos con vós de xeito máis inmediato e fácil a través de canles de suscripción, polo que só recibiredes a información que queirades recibir.
Polo de agora só empregamos unha canle, que é xeral e que vale para todo, pero imos crear 2 canles máis. Unha para servizos (madrugadores, merenda, comedor, muda e ludoteca) e outra para actividades extraescolares.
2. Rexístrate
Sigue as instruccións deste vídeo, ata o minuto 1.