Asembleas
Nesta asemblea falouse dun texto que se pasou á firma a través da aplicación de TokApp, deixamos aquí a historia do texto e o enlace ao formulario que habería que encher para asinalo.
Un grupo de familias, dados os últimos cambios feitos pola administración fixeron un documento e nos piden que o traslademos ao resto de familias para xuntar sinaturas de apoio ao centro: https://forms.gle/gHcNp3boLLY1jVNd9. As sinaturas recólleas a ANPA e, de recoller un número suficiente de sinaturas dos socios (electrónicas, dadas as circunstancias) elevarase como escrito da Asociación, se non presentarase coas sinaturas recollidas ante a Consellería de Educación.
Tras serlle achegado ao centro, por parte da ANPA, o manifesto para a súa difusión a través da páxina do colexio, o director expresou o seu desexo de comunicarse coas familias impulsoras do escrito para realizar algunhas puntualizacións sobre o mesmo.
As familias impulsoras do escrito comunicámonos coa dirección do centro, que nos atendeu con carácter inmediato, tanto telefonicamente como por correo.
Achegamos a continuación en pdf (ver na documentación da asemblea arriba) os correos mantidos coa dirección do López Ferreiro coa intención de aportar a máxima transparencia posible na comunicación (o texto tachado en gris se corresponde con datos persoais - nomes e correos electrónicos - que se ocultan para manter a privacidade).
Reiteramos o noso apoio ao equipo directivo do centro, aos docentes e ao persoal de administración e servizos e aos esforzos realizados para o comezo do curso; con todo, pensamos que os medios materiais, de formación e de apoio aos centros e ás familias máis vulnerables, achegados polos responsables de educación e sanidade, son insuficientes e chegan tarde e queremos elevar a queixa expresada no manifesto e apoiada ata o momento por 51 familias do centro.
Reabrimos durante o mércores 23 o formulario, por se algunha familia máis se quere sumar ao mesmo, tras aclaracións da dirección do centro, e enviarémolo por rexistro á Xunta o vindeiro xoves 24 de setembro.