Únete a Anpa!

En vista de que este curso académico non nos imos poder xuntar en persona para tratar moitos dos temas que nos preocupan e que teñen que ver co noso centro, pensamos que pode ser unha boa idea recuperar os grupos de discusión que se empregaban hai tempo.

Podedes suscribirvos e participar das conversas e tamén estar informados das novidades que se publicarán por aquí.

Imos probar a ver que tal nos vai e se é operativo e aló por decembro decidiremos se seguimos con eles ou os pechamos definitivamente.