Inicio‎ > ‎

XUNTANZA COA CONSELLEIRA DE ASUNTOS SOCIAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO PARA EXPLICAR AS BECAS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

publicado a la‎(s)‎ 7 abr. 2017 16:06 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 7 abr. 2017 16:10 ]
O día 5 de abril de 2017 un membro da directiva da ANPA asistiu á unha xuntanza coa concelleira de asuntos sociais do concello de Santiago para falar da nova convocatoria de becas para actividades extraescolares. Entre os aspectos tratados estiveron os seguintes:

- Pedir a colaboración das ANPAS para a difusión das axudas sobre todo no colectivo que non dispón de correo electrónico ou wifi na casa.
- Tratar de resolver as axudas  polo menos un mes antes que no curso pasado.
- Que as actividades dos beneficiarios tivesen un compromiso de cumprimento de polo menos tres meses para facilitar o traballo das entidades colaboradoras.
- Solicitar que os nenos solicitantes das becas fagan unha preinscrición en xuño
- Ofrecemento de elaborar un resumo informativo da convocatoria de axudas mais accesible para as familias que o texto legal.

Pola banda das ANPAS fíxose fincapé nos seguintes puntos:

- Que se poida facer unha solicitude de beca cos datos do programa ofertado no ano anterior ou a previsión da ANPA para o ano seguinte sen mais requisitos.
- Mellora da protección de datos dos beneficiarios
- Que se contemple o caso de familias que viven en inmobles sen dividir
- Que as axudas sexan o mais inclusivas posibles favorecendo o acceso ás actividades nas mesmas condicións que os non becados, non establecendo límites para os cambios.
- Que a xestión das axudas faga posible os cambios de:actividade de forma sinxela para as ANPAS, os beneficiarios e as entidades colaboradoras.

Comments