Inicio‎ > ‎

XORNADAS DE DEBATE E FORMACIÓN SOBRE COMEDORES ESCOLARES

publicado a la‎(s)‎ 18 dic. 2016 12:04 por ANPA López Ferreiro
O día 16 de decembro un membro da directiva asistiu  na Universidade  de Vigo a unha xornada  formativa sobre comedores escolares na que se trataba de explicar as experiencias en comedores escolares que intentan introducir criterios de cercanía, de produtos de tempada, de economía social, de produtos ecolóxicos nos comedores escolares e outas melloras.

As xornadas estaban organizadas polo grupo de investigación en economía ecolóxica e agroecoloxía( GIEEA) da facultade de ciencias económicas e empresariais coa colaboración da Fundación Juana de Vega e ANPAS GALEGAS.

Nas xornadas puidemos aprender dos modelos de xestión de comedores escolares en Aragón, Asturias, Cataluña, así coma experiencias novedosas en Cantabria  así coma una charla do investigador Carlos Spuch que deu recomendacións na elaboración dos menús.

Ás xornadas asistiu tamén Javier Sánchez presidente de ANPAS GALEGAS que presentou o modelo de comedores escolares que se está a defender ante as administracións públicas.

Por último por parte de Xavier Simón Fernández falouse dos modelos de licitación pública de comedores escolares e as oportunidades de mellora.

Unha das ideas nas que se afondou foi o tema de considerar o comedor como parte da experiencia educativa polo que desde a directiva plantexamos facer algunha acción neste eido para reforazar este aspecto  así como continuar na mellora da elección de froitas e verduras de tempada adecuando os menus ás mesmas.

A directiva da ANPA

Mais información no enlace:

Comments