Inicio‎ > ‎

Xornada Rapaciñ@s a tecnoloxia maís segura

publicado a la‎(s)‎ 28 abr. 2017 14:35 por ANPA López Ferreiro

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega) organiza unha xornada “Rapaciñ@s. A tecnoloxía ben segura” para a tarde do sábado 6 de maio na Cidade da Cultura.

 

O evento inclúe a conferencia do que vén de ser recoñecido coma un dos mellores profesores do mundo, David Calle, fundador de Unicoos e TOP10 no Global Teacher Prize 2017, ademais dunha serie de obradoiros tecnolóxicos para rapaces e rapazas con idades de 8 a 14 anos.

 

O acceso á conferencia é libre ata cubrir aforo. Para os obradoiros cómpre inscrición no www.cpeig.gal

Comments