Inicio‎ > ‎

VISITA A AVEGA DOS ALUMNOS DE SEXTO

publicado a la‎(s)‎ 4 jun. 2017 2:54 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 10 jun. 2017 6:47 ]
O día 23 de maio realizouse a excursión dos alumnos de sexto á granxa AVEGA. Esta empresa e o noso provedor do colexio de ovos ecolóxicos. Desde a ANPA propuxemos esta actividade aos profesores dos alumnos de sexto como un xeito de conectar aos nenos cos agricultores e gandeiros que os alimentan e despertar una conciencia de consumo responsable.  Na visita tamén puideron ver outro tipo de animais de granxa cos que puideron disfrutar. Agardamos poder repetir e mellorar esta experiencia en vindeiros cursos. Achegamos un traballo realizado por algúns dos nenos sobre a visita e unha foto do día da excursión.
Ċ
ANPA López Ferreiro,
4 jun. 2017 2:54
Comments