Inicio‎ > ‎

USUARIOS NO SERVIZO DE DEPORTES DA USC SEN DNI

publicado a la‎(s)‎ 15 ene. 2018 9:33 por ANPA López Ferreiro

Lembramos aos menores sen DNI usuarios do Servizo de Deportes que o 31/12/17 remata o prazo para dispoñer dunha TUI definitiva ao seu nome e devolver a tarxeta provisional ao Servizo de Deportes.

Antes de solicitar a TUI definitiva deberán achegar a este servizo o formulario cuberto que poderá atopar no enlace que adxuntamos e para o que previamente necesitarán estar en posesión do DNI.

 

Ademáis xunto co formulario cuberto (no apartado "Debe dicir": se indicará engadir DNI) deberán achegar a fotocopia do DNI do menor e a do titor ao Servizo de Deportes (deporsec@usc.es)

Trala confirmación por parte do Servizo de Deportes poderán acudir, ás oficinas do Banco de Santander, onde podrán tramitar a TUI presentando o seu DNI/NIE/Pasaporte.

As oficinas do Banco de Santander onde pode solicitarse a tarxeta son:

- No Campus Sur, Avda. Lope Gómez de Marzoa (Pavillón Estudantil, fronte o campo de fútbol), de luns a xoves de 8:30 a 17:00. Venres de 8:30 a 14:30.

- No Campus Norte, Avda. do Burgo das Nacións (Fac. Económicas)

- No Campus de Lugo, Carvallo Calero 1 (Facultade de Veterinaria, Pav. Central)

No ano 2018 as persoas rexistradas sen DNI non poderán mercar productos da oferta deportiva ou facer pagos fraccionados

Comments