Inicio‎ > ‎

TDAH

publicado a la‎(s)‎ 14 dic. 2017 12:27 por ANPA López Ferreiro


Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade.Hai unha liberación deficitaria de neurotransmisores,afectando á atención,á memoria,á neutralización de estímulos irrelevantes,á continuidade de traballos,á organización,etc.Características:sempre haberá déficit de atención,pode ir acompañado de hiperactividade e/ou impulsividade.

   Cada vez se diagnostican máis nen@s con TDAH.Terá que ver o estilo de vida?Haberá unha sobrediagnose e sobremedicación?Serán simplemente os clásicos nenos movidos e hai menos paciencia/tolerancia e se precisan máis ferramentas e formación axeitados para guialos?Son todos os casos iguais?



Este é un debate sempre aberto pois aínda facendo acopio de información,consultando opinións de expertos e usuarios,nunca vai ser unha decisión clara e doada.
 Polo tanto,resulta imposible determinar de xeito xeral si se debe medicar ou non.


  Primeiramente,será un neurólogo(tamén se pode consultar cun/ha psicólog@) quen diga se un/ha neno/a ten TDAH e quen receite unha medicación se así o considera. Pero logo será a familia quen decida se darlla ou non.


 É nese momento cando se deben valorar as posibles mellorías(@ nen@ estará máis tranquil@,con menos oposición,impulsividade e rabietas e,polo tanto,haberá certo descanso familiar e mellores relacións cos demáis,que non é pouco;terá maior concentración e rendemento escolar,etc) e os posibles efectos secundarios(os que xa advirten os propios prospectos,que xa son para deterse a pensalo ben,e os que se descoñecen a longo plazo,ademáis de que non deixas de estar dando unha droga de xeito prolongado a un/ha neno/a).


 Pero neste tema tamén poden entrar outras valoracións.
 Que pasaría si se lle dese a atención adecuada,se o sistema educativo estivese máis preparado para ter nas aulas nen@s con TDAH(ou con calquera outra diferenza marcada) e admitira as individualidades,os propios intereses,habilidades,ritmos e xeitos de aprender? Non só este nen@ se vería beneficiad@,tamén o resto da aula ao ser tolerantes e convivir con este compañeir@ como se fose un/ha máis,en lugar de etiquetal@ e consideral@ como alguén de fora do seu grupo e,por extensión,acabar aceptando como normal que quede fora da sociedade,en definitiva, desintegrad@.


  Igualmente lexítimo é pensar que,mentres imos mellorando o sistema educativo,mentres imos concienciando á sociedade e ás propias familias,@ nen@ con TDAH ten dereito a medrar sen que lle berren todo o día por ser como é,a desenvolver as súas capacidades sen obstáculos e polo tanto a recibir unha medicación para unha doenza,igual que se tivese unha otite lle daríamos a que lle receitaran.
 Pero calquera decisión debería ir seguida dun plan.Orientación psicopedagóxiga,pautas pata @ titor/a profesor/a ,pautas para as propias familias,establecer rutinas,observar se o entorno é o máis axeitado(os entornos naturais soen ser beneficiosos para grandes e pequen@s) e incluso a alimentación(o menos procesada posible,os ácidos grasos omega 3 e 6...).


 No caso de que se decida dar medicación,débese levar un control dos seus efectos e unha comunicación estreita cos profesionais que @ estean a tratar e co/a pediatra habitual pois son quen realmente teñen os coñecementos.
 Unha mesma medicación non ten por qué ter os mesmos efectos nunha persoa que noutra.E logo hai diversos medicamentos(coa función de conectar,de facer que a información no cerebro sega o seu curso e non se perda polo camiño).
 Se,por exemplo,se lle dera Rubifen pola mañá,que ten uns efectos bastante inmediatos(durante as seguintes 4horas),ese efecto o percibirían mellor no colexio.Sería interesante pois informar de que se lle está a dar a medicación e que,logo dun tempo de adaptación á medicación,valoraran cómo notaron ao nen@ nos últimos meses en comparación con antes de darlle a medicación: se ten máis tics,se está menos sociable,se está máis triste ou irritable,si se centra mellor nas tarefas,se xa é capaz de botar máis tempo sentad@...Será esta información de utilidade para @ neurólogo coa fin de manter,aumentar,suprimir ou cambiar a medicación.

 Hai outra medicación,o Strattera,cuios efectos tardan máis en facerse notar(a veces un mes) pero logo son máis estables e ao longo do día.Ademáis das aportacións do colexio,a familia debe valorar o estado xeral d@ seu/súa fill@:a medicación lle axuda a controlar o desacougo e/ou a gran dificultade para concentrarse ou directamente @ nen@ parece deixar de ser a mesma persoa porque está demasiado calad@,triste,segue adelgazando..?Neste último caso posiblemente sexa @ propi@ neurólog@ quen aconselle suspender ese tratamento.

  Nunha recente conferencia se explicaba que o 5% d@s nen@s son hiperactiv@s,e destes,cerca dun 70% recibe medicación.O ritmo estresante da sociedade e o xeito de vida afectan e posiblemente se nos colexios,explicaron, se lles deixase levantar e mover e se potenciara a creativitade e outras habilidades,moit@s destes nen@s non precisarían da medicación.


   Ter un/ha fill@ hiperactivo pode ser esgotador e como para moitas cousas na vida vaise precisar humor e paciencia.Pero vou lembrar outro dato que me pareceu fascinante:hai características xenéticas das persoas con TDAH que se comparten coas tribus nómadas,tribus movidas pola inquedanza da novidade,polo que podían atopar o que precisaban para sobrevivir ou mellorar.

https://iniciativadebate.org/2012/02/27/las-pastillas-de-portarse-bien-tdah/


Espero os sea de provecho.
El vocal de convivencia escolar del ANPA,. José Preiro
Comments