Inicio‎ > ‎

Rexeitamento a reválida de 3º de primaria

publicado a la‎(s)‎ 6 may. 2015 0:42 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 6 may. 2015 5:48 ]
Prezadas familias,

O pasado 30 de abril publicábanse as "instrucións para a avaliación individualizada do terceiro curso de educación primaria", o que xa todos e todas coñecemos como reválida de terceiro.

Esta proba consistirá nun exame externo (non o farán os seus titores e titoras) a todos os nenos que cursen terceiro de primaria sobre as destrezas adquiridas nas competencias lingüística e matemática, e de aí sairá un informe individualizado de cada neno, que nos entregarán, e outro de cada grupo e de cada centro educativo, que poderá ser publicado.

Como saberedes por outras comunicacións, esta anpa forma parte das dúas Confederacións de ANPA que existen en Galicia:

- ANPAS GALEGAS, que está estruturada a través da unión de diferentes federacións comarcais e á que pertencemos a través da Federación Compostela.
- CONFAPA, que está formada por tres federacións de ámbito teoricamente provincial (porque as comarcais non están incluídas nelas) á que pertencemos a través da Federación da Coruña.

Pois ben, ámbalas dúas confederacións expresan un rexeitamento total á esta reválida, porque malia que a Administración di que; os resultados son simplemente informativos e que non terá efectos no expediente académico, o que todos nos tememos é que non sexa unha proba de diagnose para descubrir as carencias do alumno e tratalas, senón mais ben, unha proba para catalogar e segregar, porque esa sería a única explicación do interese en obter informes de cada neno, cada grupo e cada centro.

Sospeitase que  3º de primaria e a porta de entrada dun sistema educativo de duas vías; os válidos para cursar estudios universitarios e fomacións profesionais superiores, e os que non, estos últimos serian desviados a formación profesional básica.
A min esta sola idea xa me arrepía, pois si escomenzamos tendo alumnos de 1ª e de 2ª  dende primaria, remataremos tendo ciudadans de 1ª e de 2ª.
Claro está, que tal sospeita por parte das directivas de tódalas ANPAS de Galicia (por non decir de todo o territorio nacional) é só eso, unha sospeita, e por tal motivo pedimos as autoridades educativas galegas que nos INFORMEN non vaia ser que as nosas inquedanzas sexan infundadas.

Xa postos en antecedentes, so me resta por comunicarlles o motivo deste email:

A petición de "CONFAPA GALICIA" se nos pide as directivas das diversas ANPAS de toda Galicia que acheguemos a tódolos pais e nais un documento no que vostede (si o considera oportuno), en calidade de pai, nai ou tutor legal do neno/a, solicite a dirección do centro que explique que fin ten esta reválida, e no caso de que sexa unha proba de diagnose, entón que a escola informe que ten programado facer para correxir as carencias detectadas no alumno en concreto. A tal efecto, só deberan preencher cos seus datos identificativos o devandito documento que se lles achega. 

A se mesmo aparecen outros dous adxuntos:

- Un escrito remitido ao Conselleiro de Educación no que se lle pide explique cal é o obxeto desta reválida.
- Un escrito dirixido a os pais e nais  explicando cales son as motivacións das ANPAS de Galicia para rexeitar esta reválida.

Rematar dicindo que hoxe (06/05/2015) temos unha reunión da federación Compostela, con quen temos unha forte vinculación, e alí participaremos da toma de decisións para ver cómo afrontaremos concretamente na nosa bisbarra ese rexeitamento xeralizado a esta proba que entendemos innecesaria.

 
Reciban todos vostedes un agarimoso saudo, José Pereiro, presidente do ANPA López Ferreiro.

Ċ
ANPA López Ferreiro,
6 may. 2015 0:43
ĉ
ANPA López Ferreiro,
6 may. 2015 0:43
ĉ
ANPA López Ferreiro,
6 may. 2015 0:43
Comments