Inicio‎ > ‎

RENOVACIÓN DA DIRECTIVA DA ANPA

publicado a la‎(s)‎ 8 may. 2018 3:33 por ANPA López Ferreiro

Transcurridos xa 2 cursos expira o mandato da directiva da ANPA e procede a sua rennovación por imperativos estatuarios (artigo 13.2 dos estatutos) e por imperativos administrativos.

Por tanto iniciamos os pasos para convocar unha asamblea xeral antes de que remte o curso e elexir unha directiva que permita que siga funcionando o ANPA de forma legal frente os distintos gobernos administrativos e frente a Consellería de Educaciíon.

1º PASO:  Exposición do censo provisional de socios a día de hoxe, para que o poidades revisar e comunicarnos a actual directiva os erros que detectedes. Por exemplo: Non aparece o voso nome na lista pese a haber feito unha inscripción correcta como socio no seu día.

Os erros que detectedes podedes comunicalos no télefono móvil con nº 691899742.

2º PASO: Exposición do censo definitivo de socios a día de hoxe, (Terán dereito a elexir e a ser elexidos).

3º PASO: Publicitación da fecha da asamblea xeral de socios onde se levará a cabo a elección da nova directiva. A publicitación da devandita asamblea xeral de socios sera publicitada cunha antelación mínima de 48 horas si se convoca de forma extraordinaria e con un mínimo de 72 horas si se convoca de forma ordinaria.

4º PASO: Proceder por votación a elección da directiva na asamblea xeral de socios convocada o efecto.

5º  e ültimo PASO: Dar comunicación de forma oficial (cumplimentando os formularios ao efecto á Consellería de Educación para que a ANPA poda seguir exercendo como tal.

CON ESTE DOCUMENTO, (ADEMAIS DE INFORMAR DA NECESIDADE DE RENOVAR  A DIRECTIVA) PASAMOS  A REALIZAR O 1º PASO (EXPOÑER A LISTA  PROVISIONAL DE SOCIOS). 

RECORDAMOS QUE SEGÚN O ESTATUTO DA NOSA ANPA, O SOCIO ENTRE OUTROS TEN OS SEGUINTES DEREITOS:

ARTIGO 5.1.- Elexir e ser elexido paara todas as funcións representativas da asociación.

ARTIGO 5.2.- Asistir e intervir nas asambleas xerais con voz e voto. Poden votar ambos os dous pais ou titores legais.

 

Atentamente Ramón Jesús Lamelo Otero

Presidente da ANPA LÓPEZ FERREIRO.

Ċ
ANPA López Ferreiro,
8 may. 2018 3:33
Comments