Inicio‎ > ‎

Programa municipal de conciliación de Nadal 2014

publicado a la‎(s)‎ 25 nov. 2014 2:49 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 26 nov. 2014 3:52 ]

Prazos de inscrición e matrícula: dende o luns 24 de novembro ata o 5 de decembro (ambos os dous incluidos).

 

Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 

Lugar de realizacion: CEIP As Fontiñas

Datas de realización: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2015.

 

Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago ou estar matriculados nun centro educativo do municipio de Santiago (neste caso deberán achegar certificación expedida polo centro donde estuda, indicando nome e apelidos do neno/a matriculado e curso).

 

>As admisións realizaranse por riguroso orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.


Fai clic aquí para máis información e ficha de inscrición na web do concello

Comments