Inicio‎ > ‎

PROBLEMAS DE APARCAMENTO NA RÚA XASMINS NO HORARIO DE MADRUGADORES E COMEDOR

publicado a la‎(s)‎ 13 ene. 2017 13:19 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 15 ene. 2017 12:46 ]
Informamosvos que nas últimas datas estanse a dar moitos problemas no horario de madrugadores de xeito que a policía local non permite aparcar na beirarúa da rúa Xasmíns para que os nenos, sobre todo de infantil, poidan baixar polas escaleiras acompañados polos pais ou titores. Por parte da ANPA fixemos un escrito ao departamento do concello reponsable do tráfico para que nos den algunha solución ao respecto. A nosa proposta é habilitar dúas prazas de servizo na rúa xasmíns para os país nos horarios de madrugadores e recollida de nenos do comedor. Sabemos que por parte da dirección do centro tamén se están a facer xestións dende hai tempo para mellorar esta situación. Recomendamosvos que, mentras non se acada una solución, teñades coidado á hora de aparcar dado que senón podedes ser multados.
Comments