Inicio‎ > ‎

POR UN COLE ACCESIBLE: PONTE NO MEU LUGAR

publicado a la‎(s)‎ 25 may. 2015 6:26 por ANPA López Ferreiro

A Federación ANPAS Compostela, a través da Comisión NEAE, dedicada ás necesidades especiais, ven de facer un meritorio programa de traballo sobre accesibilidade, coa intención de que se inclúa na programación xeral anual.

A dirección da ANPA traballará para que todo ese fantástico labor non caia en saco roto. Por iso, sentarase a falar coa dirección da escola para que o próximo curso se poñan en práctica, por parte do centro, todas estas ideas e actividades que se mostran nos adxuntos.

Os nosos parabéns e o noso agradecemento a esta comisión de necesidades especiais, que ten coma representante do López Ferreiro a Conchi Fabián.

Ċ
ANPA López Ferreiro,
25 may. 2015 6:26
Ċ
ANPA López Ferreiro,
25 may. 2015 6:26
Comments