Inicio‎ > ‎

NOVO USO DOS TELÉFONOS DA ANPA

publicado a la‎(s)‎ 10 oct. 2017 1:05 por ANPA López Ferreiro

Co motivo de facer un uso máis racional dos teléfonos da ANPA informámosvos dos seguintes cambios no emprego dos teléfonos:

TELÉFONO DE RESPONSABLE DE COCIÑA: horario preferente 9.30-13.30 e 16-17 horas, 691 899 742

  • Para comunicar á cociñeira as indisposicións dos nenos debido a enfermidades, dietas, alerxias, etc
  • Para comunicar a asistencia dun neno ao comedor por razóns non previstas e non avisado o día anterior.
  • Para informar de calquera incidencia ou temas relacionado coas coidadoras.
  • Suxestións de melloras no comedor.

TELÉFONO DA ANPA MONITORAS/COIDADORAS: horario 15.30-17.15, 649 294 475

  • Para avisar dos cambios na recollidas dos nenos debido a retrasos ou que non ven a recollelo a persoa habitual.
  • Atención a temas de CONVIVENCIA para poñer en coñecemento da ANPA que houbo algunha cuestión neste tema que será informado ao responsable de convivencia da ANPA para que adote as medidas oportunas.
  • Comunicación de asuntos á ANPA cando debido a razóns de urxencia non se poidan empregar o correo electrónico.
  • Comunicación de incidencias en actividades extraescolares por parte das empresas, como falta do profesor, ou outras incidencias.
Comments