Inicio‎ > ‎

NOTA INFORMATIVA: PEMENTOS DO COUTO

publicado a la‎(s)‎ 11 jun. 2016 0:05 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 11 jun. 2016 0:10 ]

Un ano mais o consello regulador da IXP pemento do couto  e a cooperativa o val de Narón nos agasallan con pementos para o comedor escolar para que os demos a coñecer entre os nosos

usuarios. Estes pementos, que tiveron moi boa acollida en setembro do ano pasado, son excelentes para os cativos dado que non conteñen capsicina e polo tanto non pican, ademais de ser un alimento de extraordinario sabor e que contribúe a unha alimentación o máis variada posible.

Para que o máximo número de xente poda degustalos, consumirémolos o vindeiro martes 14 de xuño, no que tamén algúns profesores serán usuarios do comedor, e o venres 17 de xuño, día da festa de despedida dos alumnos de 6º.

O presidente da ANPA.

Comments