Inicio‎ > ‎

ACTIVIDADE DE NATACIÓN na USC dende Febreiro ata Maio

publicado a la‎(s)‎ 12 ene. 2015 0:20 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 18 ene. 2015 6:59 ]
A actividade de natación é cuadrimestral, polo tanto, abrese neste intre o peridodo de renovación, altas e baixas desta actividade. Os nenos e nenas que xa están apuntados nesta actividade e non queiran continuar deberán comunicalo  ben, via e-mail: anpa.lopez.ferreiro@gmail.com , ou no teléfono da Anpa: 649 294 475, ou deixando unha nota no buzón da anpa, ou no comedor, indicando o nome do rapaz e informando de que desexan causar baixa,  antes do día 20 de xaneiro de 2015. De non facelo así, entenderemos que desexan continuar coa actividade e procederemos a cobrarlles os 52 euros  da 2º cota cuadrimestral a finais do mes de xaneiro.

Para os nenos/as que que esten interesados en participar nesta actividade que ten lugar na Piscina Universitaria do Campus Sur,  os horarios ofertados son os seguintes, dos que terán que escoller un:

Días

Horarios

luns

17:15 a 18:00

martes 

17:15 a 18:00

xoves 

16:30 a 17:15

xoves 

17:15 a 18:00



Terán que cubrir, amais do formulario de inscrición da Anpa, outro específico que esixe a Universidade que pode descargarse aquí, ou recollelo no comedor ou nos formularios que están dispoñibeis en dirección.

• É imprescindible que os/as nenos/as que accedan a esta actividade se dean de alta como Usuarios de Deportes da USC durante este curso (importe: 4 € para o menores de idade e 0 € para os fillos de traballadores da USC). Este proceso pódese facer conxuntamente coa matrícula.

• Os nenos que accedan por primeira vez á actividade, se teñen DNI deben aportar unha fotocopia e ademais unha foto co seu nome por atrás, para facerlle un carné.

• Os nenos que xa viñeran en anos anteriores, unha vez entregados os impresos, activarémoslle o carné que xa teñen do ano anterior e que será o que teñan que mostrar na conserxería cando accedan á actividade.

• Para acceder a esta actividades os/as alumnos/as teñen que ter un mínimo de 6 anos cumpridos no momento do inicio do curso (Normativa da Piscina), en caso contrario non poderán acceder a el, polo que pregamos encarecidamente que fagan os controis oportunos para evitalo.

• Os/as nenos/as deben ser, ademáis, autosuficientes para cambiarse, para evitar así as aglomeracións que entorpezan aos demáis usuarios. Caso de que algún grupo necesite, por motivos especiais, un acompañante para os primeiros días, deben facernos chegar os seus datos para facilitarlle o acceso aos vestiarios.

O prazo para darse de alta ou de baixa remata o 20 de xaneiro de 2015.

Ċ
ANPA López Ferreiro,
13 ene. 2015 2:47
Ċ
ANPA López Ferreiro,
13 ene. 2015 2:45