Inicio‎ > ‎

LISTAXES DEFINITIVAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

publicado a la‎(s)‎ 29 sept. 2016 23:49 por ANPA López Ferreiro

Achegamos os listados cos últimos cambios nas solicitudes. Estamos á espera de que KITH ENGLISH e ALOHA comunique os listados definitivos os cales farémosvos chegar. Estas actividades creemos que pode dar cabida a todas as solicitudes. En principio acudir as clases nos horarios solicitados.

A actividade ballet se celebrará con total seguridade e pensamos que non quedará ninguén fora, polo cal os anotados deberán acudir nos horarios solicitados e acordar coa monitora á forma de pagamento.

No que respecta á baile galego, estamos á espera de que nos digan se é viable a actividade, e o mesmo ludoteca-manualidades, que non sería viable por separado pero quizás si se puidese formar algún grupo un día a semana.

Na actividade natación é moi importante achegar o antes posible as solicitudes no formato que demanda a USC, que están neste portal web e no taboleiro, e deixala no buzón da ANPA. Desde a USC non teñen aínda data prevista de inicio da actividade.

Comments