Inicio‎ > ‎

Listas provisionais das actividades extraescolares e ampliación do prazo de inscrición

publicado a la‎(s)‎ 23 sept. 2014 23:18 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 25 sept. 2014 2:48 ]

Actualización 25/09/2014: grazas as solicitudes de cambio recibidas, o número de nenas apuntadas o luns xa non superan o máximo de 22. Polo tanto, non será necesario realizar o sorteo do venres.

As listas provisionais das actividades extraescolares colgaranse hoxe nos taboleiros. Como, agás en ballet os luns, hai prazas libres en todas as actividades, ábrese un novo prazo de inscrición, que rematará  o venres 26 as 14:30 horas.

En ballet, o luns, para 1º, 2º e 3º de primaria, hai 26 nenas apuntadas, para un máximo de 22. Para evitar facer un sorteo, propoñemos que algunha das nenas cambie de grupo, xa que nos outros grupos quedan prazas. Algunha das alumnas de 3º de EP poderían pasar a ter clase os mércores e algunha das alumnas de 1º de EP poderían cambiar ao grupo dos martes, se así o quixeren. De non se producir cambios, o sorteo terá lugar o próximo venres 26 as 16:30 horas no patio acristalado.

As listas definitivas quedarán expostas nos taboleiros o próximo día 29 de setembro.

Ċ
ANPA López Ferreiro,
26 sept. 2014 2:05