Inicio‎ > ‎

INSCRICIÓN PROGRAMA CONCILIACIÓN DE NADAL 2017

publicado a la‎(s)‎ 1 dic. 2017 0:00 por ANPA López Ferreiro
Dende o venres día 24 de novembro ata o venres 11 de decembro de 2017 estará aberta a inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Nadal 2017, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía. A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017, e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 nos CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Acompáñase texto explicativo, así como a ficha de inscrición no programa.
Ċ
ANPA López Ferreiro,
1 dic. 2017 0:00
Ċ
ANPA López Ferreiro,
1 dic. 2017 0:00
Ċ
ANPA López Ferreiro,
1 dic. 2017 0:00
Comments