Inicio‎ > ‎

INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE NATACIÓN USC

publicado a la‎(s)‎ 17 sept. 2016 3:50 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 18 sept. 2016 0:02 ]

A USC inicia un novo curso de actividades deportivas e escolas de lecer que inclúe a escola de natación e actividades acuáticas. Ao longo deste ano académico 2016-2017 haberá dous cursos, de 45 minutos de duración á semana:


  • 1º cuadrimestre: desde o 1 de outubro ao 31 de xaneiro. Non son lectivos: 12 de outubro, 1 de novembro, 6 e 8 de decembro, período de Nadal: desde o 23 de decembro ao 6 de xaneiro e 27 e 28 de xaneiro.
  • 2º cuadrimestre: desde o 1 de febreiro ao 31 de maio. Non son lectivos: 28 de febreiro (martes de entroido), período de Semana Santa: desde o 9 ao 16 de abril, 1 de maio, 17 de maio e 25 de maio (Ascensión).


As prazas dispoñibles son:

  • Luns, de 17:15 a 18:00: 6 prazas
  • Martes, de 17:15 a 18:00: 12 prazas
  • Xoves, 17:15 a 18:00: 6 prazas

O importe é de 46€ por curso (o proceso de alta de usuario é gratuito).


Proceso de inscrición:

  • Encher o formulario de inscrición como socia/o da ANPA López Ferreiro e o específico da USC, que se achega ao pé, cos datos persoais e cos datos da actividade.
  • Asinar no apartado de autorización e declaración de responsabilidade. No caso de menores de idade asinará o pai/nai ou titor (imprescindible).
  • Facer chegar antes do xoves 22 de setembro a través do correo electrónico ou ben deixalo no comedor ou na caixa de correo da ANPA no vestíbulo da conserxería.


Todos os nenos deben ter 6 anos antes de iniciar o curso e deben ser autosuficientes para cambiarse e desevolverse nos vestiarios.

É importante que o impreso no que teñen que cumprimentar os datos os rapaces veñan correctamente cos datos do pai/nai /titor claros así como o DNI,  xa que este ano teñen que darse de alta como titores.

O primeiro día que accedan á actividade asignaráselle una unha TARXETA a todos aqueles alumnos de nova incorporación. Os alumnos que xa asistiron anos anteriores e teñan tarxeta terán que traela para ser activada para este curso.

En xaneiro abrirase un novo periodo de renovación, altas e baixas desta actividade, tendo preferencia, no caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, os inscritos no primeiro cuadrimestre.


Ċ
ANPA López Ferreiro,
17 sept. 2016 3:50
Comments