Inicio‎ > ‎

INICIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E NOVA ACTIVIDADE A OFERTAR

publicado a la‎(s)‎ 2 oct. 2017 3:07 por ANPA López Ferreiro
NOVA ACTIVIDADE: ESPORTI 

LUNS E MÉRCORES DE 17-18 HORAS PABILLÓN LORENZO DA TORRE( MESMO HORARIO QUE FUTBOL DEPENDENDO DOS QUE SE ANOTEN MIRARÍAMOS DE AMPLIAR HORARIOS)

Informámosvos que a última hora xurdiu a posibilidade de complementar a nosa oferta de deporte cunha nova actividade extraescolar. Chamase ESPORTÍ  é consiste  nun modelo de deporte non especializado, non competitivo, non violento, inclusivo e adaptado de xeito que o que se persegue e que o maior número de nenos participen no xogo centrándose no desenrolo da táctica e non da técnica, e decir se trata non de acadar a perfección no golpeo da pelota senón de correr para posicionarse no terreo de xogo e se pretende que a técnica se adquira coa práctica do deporte. O obxectivo é que os nenos estén activos durante toda a hora da actividade. O programa comprendería ao longo do curso uns 10 deportes adaptados como baloncesto, volley rugby sen contacto e outros. Tratase dunha metodoloxía novidosa pero validada desde o punto de vista científico con varias teses doctorais e implantada en 30 colexios. Tratase dunha forma ideal de incorporarse ao deporte ou mellorar as habilidade dos nenos.

TODOS OS PAIS INTERESADOS INTERESADOS PODEN APUNTARSE PARA UNHAS CLASES DE PROBA QUE COMENZARÍAN O LUNS 16 DE OUTUBRO DE 2017. FORMA DE ANOTARSE correo electrónico anpa.lopez.ferreiro@gmail.com ou entregando formulario no comedor ou buzón da asociación.

O RESPONSABLE DA ACTIVIDADE JOSÉ ALBERTO ESCUDERO FARÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA O VINDEIRO MERCORES AS 16.30 HORAS NO COMEDOR

COMEZO  DAS ACTIVIDADES EXTRAEXCOLARES

Hoxe luns comenzan todas as actividades extraescolares previstas nese día.Se ben a directiva da anpa non recibiu o listado dos gupos confeccionados de JUDO e BALONCESTO que comezan o martes agardamos que estos grupos se formen con normalidade.

En ballet acordouse desprazar parte dos anotados para un novo grupo que se crearía os xoves no XIMNASIO e que se acordaría entre os pais e a empresa prestataria do servizo.

Na nova actividade IOGA- EXPRESIÓN CORPORAL  estase á espera de que confirmen que se anotan a actividade un número mínimo de nenos para iniciar as clases o vindeiro xoves. En caso de anularse avisaríamos.

A nova actividade FUTBOL SALA  conta cun número mínimo de usuarios para comezar pero dado que as instalación do pabillón son grandes compartiría espazo e actividade coa nova oferta ESPORTÍ no caso de que haxa nenos inscritos na mesma.

PATINAXE E HOCKEY  tamén comezan nos seus respectivos horarios.

XADREZ  o profesor comunicou que estaría ausente a primeira semana pero que mandaría un sustituto.

Finalmente NATACIÓN confirmaron que se aceptan a todos os inscritos e as clase comezan o luns na piscina da USC. Foron entregados os formularios en papel pero deben de completarse os trámites na web da universidade aqueles que non o fixeron para o cal en caso de dúbidas debedes contactar con Anxo Rial (anxo.rial@usc.es)

BO COMEZO DE ACTIVIDADES PARA TODOS
 
A directiva da anpa
Comments