Inicio‎ > ‎

INFORMACIÓN SOBRE A I XORNADA SOBRE DIVERSIDADE ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN DE ANPAS COMPOSTELA

publicado a la‎(s)‎ 3 oct. 2016 1:49 por ANPA López Ferreiro

O pasado sábado 24 de setembro de 2016 dous membros das directiva asistiron a I xornada sobre diversidade celebrada na cidade da cultura.

Na primeira charla de Susi Pérez por parte de COGAMI nos ofreceu consellos sobre como tratar os temas da diversidade no ámbito escolar e a súa experiencia cunha perspectiva legal.

A continuación falou Miguel Campuzano funcionario do equipo de orientadores da consellería de Educación que nos fixo fincapé que por parte dos centros se faga previsión das necesidades de apoio o antes posible para demandalo para o seguinte antes de que finalice o curso que é cando se pechan os orzamentos. Tamén indicou que os nenos con NEAE( necesidades específicas de apoio educativo) teñen prioridade para acceder aos centros pero isto debe ser valorado polo equipo de orientadores e para elo debe facerse constar na solicitude de acceso ao centro.

Logo participaron os representantes do Consellos de Santiago de Compostela, Oroso e Ames que amosaron os seus programas de integración social con especial enfoque na poboación escolar.

Por último, a asociación ACHEGA amosou o seu enfoque de integración a través do deporte adaptado.

Achegamos na web do colexio, no apartado NORMATIVA a presentación do representante da Xunta de Galicia polo seu interese coa normativa de referencia.

Ċ
ANPA López Ferreiro,
3 oct. 2016 1:49
Comments