Inicio‎ > ‎

FESTA 27 DE MAIO DA FEDERACIÓN DE ANPAS

publicado a la‎(s)‎ 16 mar. 2017 22:02 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 16 mar. 2017 22:02 ]
Facémosvos chegar a invitación da Federación de ANPAS a unha festa:

Ola a todas e todos.


Estamos a preparar unha festa/encontro das ANPAS da Escola Pública na que nos reunamos as familias das ANPAS, para coñecernos e divertirnos todos xuntos. Contamos coas instalacións do Albergue de Gandarío que nos cede o Concello de Abegondo para acoller a tod@s o día 27 de maio (sábado) e necesitamos da vosa ilusión e participación.

 

En que consiste?

En pasar un día xuntas as ANPAS e participar cos nosos fill@s en xogos, deportes, cancións, actividades, e un final moi divertido coa festa da espuma.

Horario: de 10:30 da mañá a 18 horas

 

Quen a organíza?

 A Federación e as ANPAS

            - A Federación: Encárgase de toda a organización xeral: aparcadoiro, identificación, zona de almacenaxe de mochilas e bolsas, organización das actividades,  monitores…

            - As ANPAS: Informar e facer a inscrición das persoas que vaian vir do voso cole ou IES e pasar a información á Federación. Nomear a unha persoa como referente para a organización.

            - As familias: Cada asistente debe vir con roupa cómoda e adaptada para as actividades e festa da espuma; traer cada un a súa propia comida e gañas de pasalo ben.

 

Como chegamos?

Pódese chegar en coches particulares ou se preferides en autobús, queda á organización e parecer de cada ANPA. Enviarémosvos plano.

 

Animarvos e fagamos todos xuntos a festa de fin de curso!!.

 

Xunta Directiva Federación Provincial de ANPAS

Comments