Inicio‎ > ‎

ESCOLA DE PAIS O 29 DE MAIO no CEIP VITE

publicado a la‎(s)‎ 24 may. 2018 23:39 por ANPA López Ferreiro

RECORDATORIO:

Lembramosvos que o vindeiro martes 29 de maio se celebra esta actividade e que sería importante que foramos algúns do noso colexio dado que senón hai participación é difícil que se manteñan nun futuro.

A Consellería de educación vai facer unhas charlas para favorecer a relación entre pais e fillos. Unha primeira charla piloto vai ser neste curso, para pais e nais da Anpa interesados na temática : Comunicación Positiva e Resolución de conflitos  e será o martes 29 de Maio.

Será unha charla compartida ANPAS CEIP López Ferreiro e CEIP de Vite de Santiago.

lugar escollido para mesma por cuestión de aparcamento libre foi o CEIP de Vite

A charla será de 1 hora e media aproximadamente (media hora final para preguntas ou cuestións que se susciten)

Hora de inicio: 16:30

A relatora será Alba Formoso Ramos: Psicóloga e especialista en técnicas de resolución de conflictos con ampla experiencia en cursos de formación profesorado, pais e alumnado.
 
Animámosvos a participar nesta interesante actividade.
 
PARA ANOTARSE MANDADE CORREO A anpa.lopez.ferreiro@gmail.com

Comments