Inicio‎ > ‎

Escola de natación e actividades acuáticas

publicado a la‎(s)‎ 10 sept. 2014 3:41 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 12 sept. 2014 6:14 ]

Achegase o formulario a encher e información sobre o número de prazas e os horarios ofertados durante o curso 2014-15 para natación e actividades acuáticas.

• É imprescindible que os/as nenos/as que accedan a esta actividade se dean de alta como Usuarios de Deportes da USC durante este curso (importe: 4 € para o menores de idade e 0 € para os fillos de traballadores da USC). Este proceso pódese facer conxuntamente coa matrícula.

 Os nenos que accedan por primeira vez á actividade, se teñen DNI deben aportar ademais unha foto co seu nome por atrás, para facerlle un carné.

 Os nenos que xa viñeran en anos anteriores, unha vez entregados os impresos, activarémoslle o carné que xe teñen do ano anterior que será o que teñan que mostrar na conserxería cando accedan á actividade.

• Para acceder a esta actividades os/as alumnos/as teñen que ter un mínimo de 6 anos cumpridos no momento do inicio do curso (Normativa da Piscina), en caso contrario non poderán acceder a el, polo que pregamos encarecidamente que fagan os controis oportunos para evitalo.

 Os/as nenos/as deben ser, ademáis, autosuficientes para cambiarse, para evitar así as aglomeracións que entorpezan aos demáis usuarios. Caso de que algún grupo necesite, por motivos especiais, un acompañante para os primeiros días, deben facernos chegar os seus datos para facilitarlle o acceso aos vestiarios.

Prazas reservadas para o curso 2014-15:
Días Horarios Alumnos
luns 17:15 a 18:00 12
martes  17:15 a 18:00 12
xoves  16:30 a 17:15 7
xoves  17:15 a 18:00 10
Total prazas 41
Comments