Inicio‎ > ‎

Conferencia «Flipped classroom ou como lles dar unha volta ás clases», 28 de abril no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

publicado a la‎(s)‎ 20 abr. 2017 14:06 por ANPA López Ferreiro
Conferencia «Flipped classroom ou como lles dar unha volta ás clases» impartida por David Calle o 28 de abril no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo. David Calle foi elixido Youtuber do Ano nos premios Bitácoras 2016 e foi un dos dez finalistas dos Global Teacher Prize 2017, premio considerado o Nobel da educación.

Ciclo Educación e Docencia no Século XXI

28 de abril, 20.00 h.
Auditorio Teatro Afundación Vigo (entrada por Marqués de Valladares)

Comprácenos convidarte á conferencia «Flipped classroom ou como lles dar unha volta ás clases» impartida por David Calle o 28 de abril no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo. David Calle foi elixido Youtuber do Ano nos premios Bitácoras 2016 e foi un dos dez finalistas dos Global Teacher Prize 2017, premio considerado o Nobel da educación.

Esta charla é parte do ciclo de conferencias Educación e docencia no século XXI, que conta coa participación de prestixiosos profesionais. Trátase dunha firme aposta pola difusión de modelos formativos diversos en consonancia cos retos e as realidades sociais actuais.

Asistencia gratuíta previa inscrición.


Comments