Inicio‎ > ‎

COMUNICACIÓN DO PROXECTO VOCES LEDAS

publicado a la‎(s)‎ 28 may. 2017 17:05 por ANPA López Ferreiro   [ actualizado el 28 may. 2017 17:05 ]
Transmitimosvos a mensaxe da profesora que imparte as clases no coro:

Bo día. Chámome Lucía e son unha das persoas que imparte a actividade de educación vocal e canto (coro) no CEIP López Ferreiro, supervisada polo director do Orfeón Terra a Nosa, Miro Moreira. Facilitáronme este correo no propio colexio.

Escríbovos para informarvos de varias cousas:

- O martes 30 de maio teremos un encontro coas familias do alumnado do colexio que queiran saber como traballamos ao longo do ano e que perspectivas de futuro nos esperan. Será ás 16.30h no Salón de Actos do colexio. Toda a ANPA, por suposto, está invitada. Sería moi interesante contar con vós para expoñervos as nosas ideas e ver con qué recursos podemos contar para o vindeiro ano e comentarvos a situación dalgunha subvención que pedimos para seguir adiante co proxecto e traballar cara algún dos obxectivos que temos en mente como a preparación dun musical. 
Queremos tamén crear un coro que dea continuidade ao alumnado que agora se atopa en 6º curso e que para o ano abandona o colexio. É importante que estean todas as familias para recibir todas as opinións e perspectivas posibles.

- O xoves día 1 de xuño temos a presentación do proxecto á comunidade no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte), ao lado do colexio. Será ás 10.30h. Por suposto, tamén estades invitadxs. Deste acto anéxase información en axunto, que agradecemos nos axudedes a difundir.

Atentamente,
Lucía
Comments