Inicio‎ > ‎

COMO SE AVALÍAN AOS NOSOS FILLOS

publicado a la‎(s)‎ 14 mar. 2017 17:00 por ANPA López Ferreiro
O día 10 de marzo de 2017 un membro da directiva asistiu a unha interesante charla organizada pola federeación de ANPAS COMPOSTELA sobre como segundo a lei se avalían aos nosos fillos.

Deixamosvos algún dos conceptos e lexislación alí desenvolta.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (Son públicos e os profesores deben facilitalos aos pais que os pidan). Son os resultados que se deben conseguir e sería convenientente que os profes informaran aos alumnos de cales son.  Cada un ten un valor e pode darse só nunha avaliación ou repetirse.  Cada un deles ten un valor que se decide no centro, ou no departamento da asignatura. Os estándares se consiguen a través de:

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN-Son o referente para avaliar o aprendizaxe dos alumnos. Serven para cualificar a materia e para cualificar as competencias

 

Lexislación aplicable: Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato



Pois ben, estes son os principales puntos:

 1.       O cv na Lomce non supón casi cambio respecto a LOE. Unicamente se amplian os criterios de avaliación tamén ao bacherelato.

2.       A avaliación busca dotar de instrumentos obxectivos ao profesorado para que as cualificacións non responda a criterios subxetivos.

3.       Con este sistema que tardou tanto en poñerse en práctica se busca unha educación menos teórica e máis orientada a resolver situacións da vida real.  Unha educación por competencias.

Comments