Inicio‎ > ‎

CHARLAS FORMATIVAS DA FEDERACIÓN DE ANPAS: A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN EMOCIONAL (6 DE ABRIL)

publicado a la‎(s)‎ 21 mar. 2017 16:30 por ANPA López Ferreiro
Continuando coas charlas que a Federación, a través da súa comisión NEAE, organiza en colaboración co Concello de Compostela, nesta ocasión anunciámosvos que o mes que ven falaremos de:

*" A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN EMOCIONAL NA FAMILIA"*

A educación emocional na familia é unha ferramenta moi útil que contribúe á mellora do clima e da comunicación no fogar, favorece un entorno familiar máis estable e agradable, e ao mesmo tempo xoga un papel moi importante no axeitado desenvolvemento e a aprendizaxe dos nosos fillos/as.

Pero que é a Intelixencia Emocional? Para que serve? Que podemos facer os pais e nais para faclitar o desenvolvemento da Intelixencia emocional nos nosos fillos e fillas?

Nesta charla trataremos de dar resposta a todas estas cuestións. Veremos cales son os benefcios de educar as emocións e aprenderemos recursos para axudar aos nosos fill@s a crecer emocionalmente.

Se estás interesad@ en todas estas cuestións non podes faltar. Confirma coa túa ANPA a túa presenza, e avisa se precisas utilizar a ludoteca que estará ao dispor das familias (de balde).Agardámoste!!

A QUEN VAI DIRIXIDO: A pais, nais, avós, avoas... que teñan ao seu cargo rapaces/zas en primaria.

CANDO: O 6 DE ABRIL ÁS 17:00

ONDE: No CEIP Apóstolo Santiago

IMPARTE:Susana Otero, psicóloga de Alicce
Ċ
ANPA López Ferreiro,
21 mar. 2017 16:30
Comments