Inicio‎ > ‎

Campaña de recollida de alimentos - Operación Quilo

publicado a la‎(s)‎ 1 dic. 2017 0:11 por ANPA López Ferreiro

Ao igual que en anos anteriores, no colexio comeza a Campaña Solidaria de recollida de alimentos "Operación Quilo"
 
Dende o colexio pedimos a súa colaboración aportando 
alimentos non perecedoiros (conservas, arroz,...) ou produtos de hixiene persoal (pañais de nenos ou de adultos, toalliñas, xabóns...) ata o martes 19 de decembro.
 
Os donativos entregaranse por arriba, na parte de Dirección.
 

Agradecendo a súa colaboración, reciban un saúdo solidario
 
CEIP de Prácticas López Ferreiro

Información sobre a campaña solidaria de recollida de alimentos 
Operación Quilo, O Sabor dun Nadal Solidario.

ACTIVIDADES E DATAS

  • SÁBADO 11 DE NOVEMBRO: Inauguración da campaña no Centro Don Bosco

  • SÁBADO 16 DE DECEMBRO: Xogos solidarios con recollida de alimentos, produtos de hixiene persoal e donativos na praza da Igrexa de san Pedro de 10,00h a 14,00h (en caso de chuvia será no Centro Don Bosco)..

  • 30/31 DE DECEMBRO:  XI Torneo Solidario de Fútbol Sala, en horario de 10:00 a 23:00 o sábado,  e o domingo de 10:00 a 14:00

O PROXECTO SOLIDARIO no que colaboramos nesta edición é o programa da de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria: PROXECTO SURIYA promovido pola Federación de centros xuvenís don Bosco de Galicia e a Confederación de centros xuvenís don Bosco de España.

COMO PODO QUILOBORAR?

Podes facer a túa contribución  de alimentos, produtos de hixiene persoal ou donativos directamente no Centro Don Bosco (
Rúa Belvís, 2).  Preferentemente de luns a venres, en horario de 17.30 a 20:00

Podes ser establecemento 
QUILOBORADOR, instalando no teu colexio, centro, comercio... un punto de entrega de alimentos, que as persoas voluntarias do centro Don Bosco pasarán a recoller periodicamente durante a campaña.

Podes ser persoa voluntaria quilaborando nas actividades da campaña e nas tarefas de recollida en entrega dos produtos.

A QUEN SE DESTINAN OS PRODUTOS RECOLLIDOS?

Os alimentos e produtos que se recollan na campaña entregaranse ás seguintes institucións de acción social: Caritas parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo.

Comments